Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "O medo". Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto "O medo". Amosar todas as publicacións

luns, 29 de abril de 2024

ESCOLA DE COCIÑA DA PANTASMA ASMA

Os nen@s de infantil volvemos ter novas da pantasma Asma. Desta vez sorprendiunos con unha carta procedente da cociña da súa escola rexentada polo "Chef Gilito". Ollade e veredes o que nos conta.
escola de cociña de veronica

xoves, 18 de abril de 2024

Proxecto O medo. "As pantasmas"

A semana pasada recibimos unha carta da pantasma Asma. Estaba un pouco enfadada porque a profe Eva e Lucho esqueceran os deberes na escola de pantasmas e iso supón unha falta graviiiisima que pode custarlles a expulsión. Tiñan a oportunidade de facelos coa nosa axuda, nós non queremos que os expulsen, así que a aplicarse todo o mundo!!!.
Carnés pantasmas de veronica

mércores, 10 de abril de 2024

Proxecto O medo. "As pantasmas".

Arrincamos o terceiro trimestre e con el dentro do proxecto "O medo" comezamos unha nova temática "AS PANTASMAS". Acordádesvos de Brujilda?, Sí, acertastes, a directora da escola de bruxería que nos acompañou durante o segundo trimestre. Pois volvemos a ter novas dela, sabedes que ao lado da escola de bruxería abriron unha escola de pantasmas?. E a que non adiviñades quen está matriculada nesta escola?, nin máis nin menos que a profe Eva. Grazas profe Eva pola túa participación neste proxecto.
As pantasmas de veronica

martes, 12 de marzo de 2024

PROXECTO "O MEDO". PÓCIMA PARA CORRER

Van por moi bo camiño estes aprencides a brux@s. Aprenden moi rápido. Desta vez puxeron a funcionar a súa imaxinación para inventar unha pócima para correr. Ollade e veredes.
PÓCIMA PARA CORRER de veronica

xoves, 29 de febreiro de 2024

PROXECTO "O MEDO". E TÍ A QUE LLE TES MEDO?

E tí a que lle tes medo? Escoitade e descubriredes as cousas ás que lle teñen medo os máis pequen@s do cole.
E ti a que lle tes medo? de veronica

luns, 26 de febreiro de 2024

Proxecto "O Medo". Pócima para medrar.

Menuda sorpresa nos levamos o outro día ao chegar á aula. A bruxa Maruxa, que pertence á escola de bruxería de Brujilda estaba agardándonos na aula para facer a pócima para medrar. Que ben se desenvolveron estes aprendices a bux@s. Ollade e veredes. Grazas Elisa por formar parte deste proxecto.
Escola de Bruxería Clase nº 1 de veronica

xoves, 22 de febreiro de 2024

PROXECTO " O MEDO"

Acordádesvos da caixa misteriosa que nos mandou Brujilda, e da súa pócima máxica para medrar? Pois o primeiro que fixemos foi un palmómetro para medirnos e comprobar como imos medrando con esta pócima tan máxica. .
Falamos do que sabemos e do que queremos saber acerca do medo e tamén buscamos un recanto na aula para poñer todo aquelo relacionado co medo -