O venres 11 foi o último día do 2.º trimestre e, como non, despedímolo dunha forma mooooi especial.
PREPARAMOS PIZZA PARA MERENDAR 🍕
O venres 11 foi o último día do 2.º trimestre e, como non, despedímolo dunha forma mooooi especial.
PREPARAMOS PIZZA PARA MERENDAR 🍕
A verdade é que gozamos moito da actividade dende o inicio ata o final!! 😍
Esta semana, as nenas e nenos das tres aulas de Educación Infantil continuamos traballando no noso horto. Para iso, fixemos unha pequena saída a Almacéns Agro, unha tenda situada moi próxima ao noso centro e onde sempre nos atenden xenial 😍 Dende aquí darlles as grazas por permitirnos levar a cabo esta actividade 😀
Unha vez mercamos o que queriamos cultivar e aproveitando que a profe Patri trouxo algunha planta da súa casa, puxémonos mans á obra co traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito pois as herbas medran moi rápido e a terra, co pouco que chove, está moi dura.
Velaquí unha pequena mostra destes días no horto 😄
As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil retomamos a semana pasada o traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito, pois tiñamos abandonada esta tarefa dende o curso pasado e máis que unha horta parecía unha selva!! 🌱🌱🌱🌱 Canta herba!!
🌿Arrincamos herbas
🌱Movemos a terra
🌳Cultivamos patacas e cebolas
Proximamente máis!! Seguiremos cultivando máis produtos 😍
O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e aproveitamos a ocasión para relacionalo co PDI da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos". Imos explicarvos que fixemos:
🍉Probamos diferentes alimentos para recoñecer o seu sabor.
🙈Tapamos os ollos e probamos un alimento.
🍌Intentamos adiviñar de que alimento se trataba.
🍊Levamos ao BeeBot á casilla coa imaxe correspondente.
A chegada da primavera, que momentos tan fermosos nos ofrece a natureza!! 🌷🌸🌱🌹🌺🌼🌿 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, aproveitamos para saír ao xardín e buscar pequenos tesouros agochados que respondesen a un código de cores que tiñamos. Queredes ver como disfrutamos da actividade? 😍
O mes de febreiro, comezou fortemente saudable para nós. Dentro do proxecto da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estivemos a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀que foi supervisado por Tania Mesejo.
1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú
2.º Preparamos o menú
🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI
🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI
3º Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar
Non sabemos como comezar a contarvos o que sucedeu fai uns días na aula de 6.º de Educación Infantil. Sorprendente? Arrepiante? Misterioso? Un pouco de todo!!
Recordades que fai uns días preparamos neve con bicarbonato e auga? Pois ben, un día, apareceu agochada nela un óso... De quen era?, de que parte?, quen o deixara alí? Un montón de ideas pasaron polas nosas cabeciñas 😍
Isto dounos para falar, imaxinar, debatir, comezar a investigar... e así é como imos comezar a traballar sobre o corpo humano, relacionándoo co PDI da biblioteca e a temática do Plan Proxecta que desenvolvemos no centro.
Estes días, na aula de 6.º de Educación Infantil, estivemos a realizar algunhas propostas de inverno, coas que traballamos o conteo, a relación número-cantidade, convertémonos en artistas e fixemos neve ☃❄
Velaquí unha pequena mostra dalgunhas das actividades 😍 Sen dúbida o que máis nos gustou foi a neve!! Xa que aquí en Carballo non a podemos ver, conservámola na tuff tray para seguir xogando con ela 😀
Coa chegada do novo trimestre, a aula de 6.º de Educación Infantil sufriu unha transformación!! Agora está organizada dunha forma diferente ao trimestre pasado 😍 Estreamos tamén un novo recuncho onde relaxarse, gozar dunha boa lectura...
Contamos cunha alfombra e coxíns, materiais como a árbore musical, botellas da calma... e algúns outros que aínda nos faltan!!
A comezos deste mes de decembro, o alumnado das tres aulas de Educación Infantil realizamos unha saída á Panadaría Pan Ignacio de aquí de Carballo. Que ben o pasamos!! 😍 Amasamos, fixemos pan, pizza...
Aprendemos como se fai o pan, os ingredientes que se usan, falamos sobre a súa orixe... encantounos a experiencia 😍😃
Moitísimas grazas ao persoal da panadaría por tratarnos tan ben e por ensinarnos con tanto cariño 💖
Chegados a estas datas, na aula de 6.º de Educación Infantil rematamos o noso proxecto sobre o universo que titulamos "Somos espaciais". E non puidemos facelo doutra forma que cun último reto: facer COHETES SAUDABLES.
Que delicia!! 😋😀
Esta semana, as nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil tamén tivemos que resolver a misión 8. Con ela coñecemos a Saturno e a Urano.
⛄Saturno ten un anel de xeo.
⛄Urano é o planeta máis frío do Sistema Solar.
De xeo e frío tratou esta misión tan divertida!! Mirade este vídeo 😍
Fidalgo estanos a poñer moitos retos na aula de 6.º de Educación Infantil. Fai uns días apareceu na aula un novo vídeo da súa parte onde nos convidaba a investigar e coñecer un novo planeta, Venus!! Puxémonos mans á obra e resolvemos con éxito a misión 7.
Desta volta, na aula de 6.º de Educación Infantil resolvemos a misión 5 do noso proxecto sobre o universo 🌞🌠🌐 Aprendemos que Neptuno é o planeta que está máis lonxe do sol e traballamos conceptos como preto, lonxe, no medio, ao lado de...
Fai uns días, Alberto tróuxonos un paquete que lle deixaran para nós. Viña de parte de Fidalgo e propoñíanos unha misión!! Mirade, mirade 👀
As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil levamos uns días traballando sobre o outono. Nesta entrada ímosvos amosar algunhas das actividades realizadas.
ARTE CON FROITOS DO OUTONO. Realizamos unha composición con diferentes froitos do outono e, cada un/unha, debía debuxar o que vía dende a súa perspectiva. Coloreamos as nosas obras de arte e colocámolas na entrada do colexio xunto á exposición do proxecto da biblioteca titulado "Cóidome, cóidote, coidámonos".
PROBAMOS FROITOS DO OUTONO: pera, mazá, granada, uvas
DEBULLAMOS MILLO
A primavera... que estación tan bonita, cantas flores!!! 🌸🌷🌹🌺🌻🌼 Na aula de 5.º de Educación Infantil saímos ao patio en busca delas para facer unha manualidade. Mirade que argallamos desta volta 😍
Xa pensastes en que lugar das vosas casas ides colocar estes platiños tan fermosos? 💓
Na aula de 5.º de Educación Infantil seguimos traballando sobre os animais da contorna e estes días, foi a quenda das toupas 🐭. Sabedes que sentidos son os que teñen máis desenvoltos? Son o olfacto 👃, o tacto ✋ e o oído 👂.
Tendo isto en conta, decidimos facer unha actividade de estimulación sensorial, así como aprendemos cales son os cinco sentidos. Que divertido!! 😍