Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
luns, 30 de novembro de 2020
Boa Viaxe Mateo
domingo, 29 de novembro de 2020
ANIMALARIO OUTONAL
sábado, 28 de novembro de 2020
TRABALLAMOS AS CORES E O CÍRCULO
Estes días na aula de 3 aniños estivemos traballando as cores e tamén algunha forma xeométrica como o círculo. Para iso comezamos lendo o conto Un libro de Hervé Tullet que, por certo, gustounos moito!! Logo de ver que cores aparecían nel, decidimos facer un mural coas cores azul, amarela e vermella.
Pinta que pinta descubrimos unha cousa!! Se mesturamos as cores aparecen outras novas 😀😍 Unha vez feito o mural, buscamos pola aula obxectos de diferentes cores: vermello, azul, amarelo, branco, rosa, verde e laranxa.
Velaquí vos deixamos un vídeo para que vexades canto traballamos 😊
mércores, 25 de novembro de 2020
STOP ÁS VIOLENCIAS
Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e as nenas e nenos de Educación Infantil dicimos STOP ÁS VIOLENCIAS.
PARABÉNS GAEL
Hoxe o noso amiguiño Gael está de aniversario, cumple 3 aniños!! Moitos parabéns 🎈🎁 Agardamos que gozases moito da festiña do cole. Xa es super maior!! 😀😀
domingo, 22 de novembro de 2020
COÑECENDO LONDRES CON AURELIO!!
venres, 20 de novembro de 2020
DIA UNIVERSAL DA INFANCIA
Hoxe, 20 de novembro, celébrase o Día Universal da Infancia. É por isto que as nenas e nenos de Educación Infantil decidimos facer un vídeo recordando os nosos dereitos.
"As nenas e nenos teñen dereitos. Que se cumplan é responsabilidade dos adultos"
PARABÉNS PABLO
Hoxe celebramos o cumple do noso amiguiño Pablo que o domingo fai 3 aniños 😀 Moitos parabéns Pablo!!! Agardamos que o pasases moooi moi ben na festiña do cole cos teus amiguiños e amiguiñas 🎈🎁
xoves, 19 de novembro de 2020
POEMA "MI CARA" DE GLORIA FUERTES
Na clase de 3 aniños, gústanos moito escoitar unha canción que está baseada no poema titulado "Mi cara" e que foi escrito por Gloria Fuertes. Non llo digades a ninguén que é un segredo pero... escoitámola e cantámola todas as mañás despois da asemblea jijiji 😀
Como os xoves dende a biblioteca se nos convida a traballar poemas, decidimos facer unha actividade con este aproveitando que nos gusta tanto 😊 Ademais traballamos diferentes partes da cara. Foi todo un éxito a actividade!! 👏👏
martes, 17 de novembro de 2020
EN 3 ANOS FACEMOS UN EXPERIMENTO
Hoxe, na clase de 3 aniños, fixemos un experimento que nos propuxo Fidalgo, a mascota da biblioteca. Queredes ver en que consistía?
Logo de ler a proposta, puxémonos mans á obra. Velaquí tedes un vídeo 😊Que ben o pasamos!! 😀😍 Ata está publicado o noso vídeo no blog da biblioteca: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/11/experimento-4-educacion-infantil.html
domingo, 15 de novembro de 2020
DE VIAXE A LONDRES!!
ARTE NO OUTONO
Os nenos e nenas de 5 anos seguimos gozando da estación na que estamos, desta vez aproveitamos as follas e froitos caídos para desplegar a nosa creatividade, queredes ver o que fixemos? 👀
sábado, 14 de novembro de 2020
O MONSTRO DE CORES
Estes días os/as máis peques do cole estivemos a traballar o conto O monstro de cores que trata sobre un monstro que esta confundido coas súas emocións. Logo de lelo varias veces decidimos facer un pequeno vídeo coas nosas caras de alegría, tristeza, rabia, medo e calma. Queredes velo? 😀
Esta será unha das nosas aportacións ao Proxecto Documental Integrado da biblioteca que este curso leva por título "Conto coa túa emoción" 💓
Agora deixámosvos un vídeo sobre o conto por se vos apetece velo coa vosa familia 😊
ROBÓTICA OUTONAL
Este xoves na aula de 3 aniños traballamos cunha abelliña moi especial. Chámase Bee Bot e é un robot. Sabedes que fixemos con ela? Coñecemos diferentes froitos do outono e traballamos cuestións de lóxica-matemática como o conteo. Mirade que ben o pasamos 👀 Gustounos tanto que imos repetir moitas máis veces 😀😍
TRABALLO POR RECUNCHOS NA AULA DE 3 ANOS
Nalgúns momentos da xornada, as nenas e nenos de 4.º de Educación Infantil xogamos por recunchos. Velaquí vos deixamos unha pequena mostra dalgúns deles 😊
Recuncho da arte, neste caso dando renda solta á creatividade e á imaxinación. Somos artistas!!🎨 Tamén temos plastilina para facer creacións libres.
"Xogar é a forma favorita do noso cerebro para aprender" Diane Ackerman
mércores, 11 de novembro de 2020
PARABÉNS DIEGO
Hoxe o noso amiguiño Diego cumpliu 3 aniños!! Que maior 🎈🎉🍰 Velaquí vos deixamos un vídeo da super celebración que fixemos no cole, que ben o pasamos. Sen dúbida, o confeti encántanos 😀😍
💓 MOITOS PARABÉNS DIEGO💓
martes, 10 de novembro de 2020
CANTO MIDE A TORRE DE HÉRCULES?
luns, 9 de novembro de 2020
Nagore cumple 4 anos
sábado, 7 de novembro de 2020
CAMIÑOS!!
NA TORRE DE HÉRCULES!!
Aurelio volveu a sorprendernos con outro destino!!! Desta vez elixiu a torre de Hércules como refuxio!!! E enviounos a través do tempo a un romano 😵que nos explicou a historia e as lendas que xiran en torno á Torre de Hércules e ademais tróuxonos uns agasallos!!!
POR VIMIANZO!!!
Lembrádesvos de que Aurelio estaba desaparecido e non o atopabamos por ningún sitio, pois apareceu!!!! Resulta que nos escribiu unha carta desculpándose por non avisar da súa marcha e desvelounos cal foi o seu destino: como andan na súa procura deciciu ir de torre en torre. As primeiras que elixiu para esconderse foron as torres de Martelo en Vimianzo!!
Ademais da carta, enviou a través do tempo á unha muller irmandiña para explicarnos a historia do castelo!! Despois descubrimos outra palabra segreda: artesanía, xa que na actualidade no castelo de Vimianzo realízanse distintas actividades: palillar, olería. deseño de xoias... Pois Aurelio tróuxonos barro para poder modelar e fixemos unha chea de figuriñas.
venres, 6 de novembro de 2020
Samaín 2020
Chegou o outono
Aniversarios na aula de 4 anos
domingo, 1 de novembro de 2020
VÍDEOS DAS PROPOSTAS DA BIBLIOTECA
Dende a biblioteca e para celebrar o Samaín, propuxéronsenos diferentes actividades. Velaquí vos deixamos uns enlaces para que, pinchando neles, accedades ao blog da biblioteca para poder ver os vídeos:
🎃 Fotos terroríficas para espantar ao coronavirus:
http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/10/espantando-ao-coronavirus.html
🎃 Decoración de máscaras terroríficas e de ventás:
http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2020/11/mascaras-terrorificas-e-medos-fora.html
Agardamos que vos gusten!
DECORACIÓN DE SAMAÍN NA AULA DE 3 ANOS
Estes días, na clase de 3 aniños estivemos realizando cousiñas para decorar as ventanas. Fixemos monstros 👾 pantasmas 👻 e cabazas 🎃. Velaquí tedes un pequeno vídeo de como fixemos as pantasmas.