mércores, 12 de decembro de 2018

TRABALLANDO NO HORTO

Xa comenzamos a traballar no horto. Desta vez acompañados dos nosos compañeiros de 4º plantamos allos porros

martes, 20 de novembro de 2018

venres, 16 de novembro de 2018

Jorge Peteiro

Os nenos de 5 anos convertimonos en pintores como o coñecido pintor e escultor Jorge Peteiro. Vimos que é un pintor alegre e colorista, e nós como bos alumnos seguimos o seu estilo. Fixemos o noso autoretrato, pintamos a Torre de Hércules....... e ata fixemos o noso particular "Animalario Peteiro" onde podedes atopar entre outros o peixe serra que está a entrada da casa dos peixes da Coruña.

Tarta de mazán

Mans á masa....... desta vez tocou preparar tarta de mazán con unhas mazáns da hortiña ben ricas. Estaba riquisisimmo!!!!!

xoves, 15 de novembro de 2018

Premios Aloumiños

Lembrades os debuxos que fixemos sobre a diversidade funcional? Pois fomos premiados con dous deles, xa que nos presentamos ó concurso da Asociación Aloumiños para ilustrar o calendario do vindeiro ano de dita asociación. Así que alá se foron os premiados, Said Lagridi e Carla Añón e tamén a nosa compañeira Carla Giance co seu bonito debuxo "En silla de rodas"ó casino de Carballo recoller o seu agasallo. Parabéns campións!!!