mércores, 6 de novembro de 2019

NOVAS DO OUTONO


Na aula de 5 anos, empregamos dúas páxinas do xornal La Voz de Galicia para ler dúas noticias sobre o outono: unha delas trataba sobre as aves que migran no outono e, a outro, sobre un hotel de insectos!! Como traballamos as noticias?? Aproveitabamos que na aula estaba a profe Mar e dividímonos en 2 grupos, cada un cunha noticia. Lémolas, subliñamos as palabras importantes e logo explicamos ao outro grupo de que trataba a nosa noticia!! 




O OUTONO XA CHEGOU, AS FOLLIÑAS CAEN...


No cole estivemos a traballar moitas cousiñas sobre o outono como, por exemplo, os froitos desta época. Familias, vós sabedes en que se poden clasificar??? Pois ímosvolo contar, en froitos secos e carnosos. Decidimos realizar, na entrada do cole, unha exposición de diferentes froitos do outono e aproveitamos para escribir o seu nome nunhas tarxetas para telos ben identificadiños.










Debullamos millo.




Degustamos peras, mazás, uvas, noces e marmelo!!





























NUBA VISITA A NOSA CLASE!!

Fai uns días recibimos unha visita que nos encantou!! Nuba, da asociación Cadelar, veu visitarnos e tivemos a oportunidade de darlle algunha chuche, paseala, peiteala e mesmo poñerlle unhas pinzas no seu cabelo loiro. Moitas grazas Nuba por esta experiencia tan boa!! Vémonos polo coleee








Moitas grazas ás persoas de Aloumiños e Cadelar que fixeron posible esta experiencia!!

SARA CUMPRE 5!!


A nosa compañeira Sara xa cumpriu 5 anos, moitos parabéns!!!! Aquí vos deixamos unhas fotos da festiña que lle preparamos o 30 de setembro. Gracias por convidarnos a un cachiño de tarta!!! Querémoste









Como moitos sabedes, agora Sara xa non está connosco pois foise para outro cole. Fixémoslle unha boa despedida xunto coas compañeiras e compañeiros de 2.º de Educación Primaria dado que é a clase da súa irmá Manar. Podedes ver no seu blog, algunhas fotiños: http://blogueirosdosanluis.blogspot.com/2019/10/cocina-e-despedida-de-manar-e-sara.html





Que doce tan rico prepararon os/as maiores!! Estaba de rechupeteee