mércores, 27 de novembro de 2019

XUNT@S SUMAMOS!!

No cole participamos no concurso "Xuntos sumamos" que promove Aloumiños e que consistía na elaboración de debuxos para un calendario. Do cole gañaron dúas nenas e dous nenos, que alegría!! Moitos parabéns!! E parabéns tamén a todas as compañeiras e compañeiros que, ao igual que nós, puxeron todo o seu empeño e esforzo en facer os debuxos, vós tamén sodes gañador@s!!!!!!

Deixámosvos un pequeno vídeo da entrega de premios que tivo lugar o sábado.


venres, 22 de novembro de 2019

AS NOSAS PALABRAS MÁXICAS

Fai uns días cando chegamos á aula levamos unha grata sorpresa. Alguén deixara unha bolsa para    nós enriba dunha mesa con unha carta.
Sabedes de quen era?. O seu remitente era FIDALGO.
Empezamos a preguntarnos quen sería ese Fidalgo. Seguimos lendo e descubrimos que era un trasno que vive na biblioteca do noso centro entre contos e libros, e que de vez en cando polas noites sae a dar un paseiño polas aulas. Tamén nos contaba que era medio mago e que na bolsa nos deixaba a súa chisteira, variña máxica e unhas palabras máxicas que a partir de agora serían as nosas tamén.
Estivemos léndoas, creando situacións nas que as podemos empregar... e decidimos adicarlle  un recanto moi especial na nosa aula comprometéndonos a usar sempre estas palabras máxicas que a Fidalgo e a todos nós nos gustan tanto.
Despediuse decíndonos "ata pronto", a ver cando volta a sorprendernos!!!!











mércores, 20 de novembro de 2019

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

Hoxe, 20 de novembro, celebramos o Día Universal da Infancia. Loitemos por vivir en igualdade de condicións!!!!





"Un neno/a sempre pode ensinar tres cousas a un adulto: a poñerse contento sen motivo, a estar sempre ocupado con algo e a esixir con todas as súas forzas aquilo que desexa" Pablo Coelho
ANIVERSARIOS 4 ANOS!!!

En setembro celebramos na clase de 4 anos o cumple de Alejandro e en outubro os aniversarios de Aitana, Lucía e Yara! Parabéns!





sábado, 16 de novembro de 2019

TRÁILER SAUDABLE DE GADIS

O 18 de setembro as nenas e nenos de 4 e 5 anos achegámonos ata a praza do concello para visitar o Tráiler Saudable de Gadis. Alí tivemos a oportunidade de escoitar unha pequena charliña sobre hábitos de alimentación saudable, moi importante para medrar sans e fortes!!

Aproveitamos tamén para facer unha paradiña no parque e volvemos ben ledos cos agasalliños que nos deron. Gracias!!


venres, 15 de novembro de 2019

O OUTONO XA CHEGOU

O outono xa chegou á aula de 3 anos. Estivemos vendo as diferentes froitas, (uvas, mazáns, figos....) típicas do outono; cómo son, qué cores teñen, cómo é a súa pel......as cales non poidemos resistirnos a probar. Estaban deliciosísimas!!!!.
Aparte de froitas tamén vimos que hai froitos do outono (castañas, noces...) que ademais de encher as nosas barriguiñas con eles descubrimos que coa casca das noces podiamos facer un animaliño que vive no monte, ten o corpo cuberto de plumas e o cal lle gusta sair moito de noite a cantar. Sabedes de quén estamos a falar? Pois sí, do moucho. Mirade que xeitosiños nos quedaron.

BENVIDOS A 3 ANOS

Aquí vos abrimos as portas da nosa aula con algunha que outra fotiño.