domingo, 15 de decembro de 2019

PREMIOS DE NADAL

No cole participamos no Concurso de cartel e postal de Nadal que promove o concello de Carballo e recibimos dous premios!! Un foi para Lucía de 4 anos e o outro para Nagore de 5. Noraboa!!! E noraboa tamén a todas as nenas e nenos que participaron do noso e dos outros coles pois, tal e como se dixo na entrega, foi unha decisión moi difícil.


Parabéns tamén a Mía, Alba, Rafael, Jorge e Lucía dos outros coles de Carballo e que tamén resultaron premiados/as!!! http://www.carballo.org/axenda.php?id=2017&idioma=gl&sec=31

ROBÓTICA ENTRE TIBURÓNS

Seguimos coa temática dos tiburóns e desta vez fixemos unha actividade de.... ROBÓTICA!! Empregando o Bee Bot da biblioteca traballamos vocabulario, aspectos de lóxica-matemática, lectoescritura e moooito máis!! Foi moi divertido e motivador para nós, así que esperamos repetir pronto.

martes, 3 de decembro de 2019

A REALIDADE DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE VISUAL

Hoxe, 3 de decembro, recibimos no cole unha visita moi especial con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Deixámosvos unha ligazón ao blog da biblioteca onde podedes atopar un vídeo: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/a-realidade-dunha-persoa-con.html


Moitas grazas Pedro por ensinarnos tanto!!

domingo, 1 de decembro de 2019

PLANTANDO NOVA VIDA!


Os nenos e nenas de 4 anos queremos seguir aportando o noso pequeno gran de area para contribuír a un mundo mellor, por iso,fixemos dúas pequenas plantacións,unha de landras para dar vida a novos carballos e outra de cactos de Nadal, unha planta suculenta que ten a calidade de almacenar moita auga e que florece nestas datas.
Cando plantamos as landras fixemos un experimento previo para saber cales eran óptimas para plantar. Botamos nun caldeiro de auga as landras, as que flotaron descartámolas para plantar porque estaban ocas. 
Para cada plantación reciclamos vasos de iogur de plástico, fixémoslle uns pequenos buracos para que non podrezan as plantas ao regalas.Agora toca agardar a que xermine nova vida!


Continuaremos dando pequenos pasos para facer que o noso mundo sexa mellor!!!








venres, 29 de novembro de 2019

SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE

Hoxe os peques do cole fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae, que ben o pasamos!!! O que máis nos gustou foi ver a Gastón, é impresionante!!

Esta foi a primeira excursión para os de 3 aniños. Portámonos todos/as super ben jijiji estamos desexando volver.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos este luns 25 de novembro.
Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.
Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar. 
A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!
Na entrada do cole tamén temos unha exposición de libros sobre a temática.

mércores, 27 de novembro de 2019

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS TIBURÓNS

Logo de escoller o tema sobre o que iamos traballar, as nenas e nenos de 5 anos falamos sobre que sabiamos dos tiburóns e que queriamos saber, moooitas cousas!!! E que podiamos facer para aprender deles??? Pois precisabamos información, imaxes... así que enviamos unha carta ás familias para que aportasen aquilo que tivesen pola casa sobre o tema e construímos un recuncho.


Tamén se nos ocorreu ir á biblioteca, pois está cargadiña de libros, algúns dos cales levamos emprestados para o noso recuncho. Unha vez seleccionamos aqueles que nos podían ser útiles, puxémonos por pequenos grupos para buscar aquelas páxinas onde se facía referencia aos tiburóns; marcámolas cuns marcapáxinas.







Despois coa axuda da profe Mar, por grupos, clasificamos a información.




E agora niso andamos, aprendendo mooooito sobre eles!!! Se vós tamén tedes curiosidade sobre estes animaliños podedes consultar algúns dos libros que manexamos:









Aaah!! Moitas grazas a todas as familias que aportastes material!! Estanos sendo de moita axuda.