Hoxe o noso amigo Joel celebrou os seus 5 anos con nós. Parabéns Joel!!! E moitas grazas por convidarnos a ese biscoito tan rico.
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
martes, 17 de decembro de 2019
domingo, 15 de decembro de 2019
PREMIOS DE NADAL
No cole participamos no Concurso de cartel e postal de Nadal que promove o concello de Carballo e recibimos dous premios!! Un foi para Lucía de 4 anos e o outro para Nagore de 5. Noraboa!!! E noraboa tamén a todas as nenas e nenos que participaron do noso e dos outros coles pois, tal e como se dixo na entrega, foi unha decisión moi difícil.
Parabéns tamén a Mía, Alba, Rafael, Jorge e Lucía dos outros coles de Carballo e que tamén resultaron premiados/as!!! http://www.carballo.org/axenda.php?id=2017&idioma=gl&sec=31
ROBÓTICA ENTRE TIBURÓNS
Seguimos coa temática dos tiburóns e desta vez fixemos unha actividade de.... ROBÓTICA!! Empregando o Bee Bot da biblioteca traballamos vocabulario, aspectos de lóxica-matemática, lectoescritura e moooito máis!! Foi moi divertido e motivador para nós, así que esperamos repetir pronto.
martes, 3 de decembro de 2019
A REALIDADE DUNHA PERSOA CON DISCAPACIDADE VISUAL
Hoxe, 3 de decembro, recibimos no cole unha visita moi especial con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Deixámosvos unha ligazón ao blog da biblioteca onde podedes atopar un vídeo: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2019/12/a-realidade-dunha-persoa-con.html
Moitas grazas Pedro por ensinarnos tanto!!
domingo, 1 de decembro de 2019
PLANTANDO NOVA VIDA!
Os nenos e nenas de 4 anos queremos seguir aportando o noso
pequeno gran de area para contribuír a un mundo mellor, por iso,fixemos dúas
pequenas plantacións,unha de landras para dar vida a novos carballos e outra
de cactos de Nadal, unha planta suculenta que ten a calidade de almacenar moita
auga e que florece nestas datas.
Cando plantamos as landras fixemos un experimento previo para saber cales eran
óptimas para plantar. Botamos nun caldeiro de auga as landras, as que flotaron
descartámolas para plantar porque estaban ocas.
Para cada plantación reciclamos
vasos de iogur de plástico, fixémoslle uns pequenos buracos para que non podrezan
as plantas ao regalas.Agora toca agardar a que xermine nova vida!
Continuaremos dando pequenos pasos para facer que o noso mundo
sexa mellor!!!
venres, 29 de novembro de 2019
SAÍDA AO AQUARIUM FINISTERRAE
Hoxe os peques do cole fomos de excursión ao Aquarium Finisterrae, que ben o pasamos!!! O que máis nos gustou foi ver a Gastón, é impresionante!!
Esta foi a primeira excursión para os de 3 aniños. Portámonos todos/as super ben jijiji estamos desexando volver.
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
As nenas e nenos de todo o cole cantamos a canción "Chea de vida" de Guadi Galego, para celebrar o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero que celebramos este luns 25 de novembro.
Como podedes ver, signamos o seu retrouso para facer dela unha canción máis inclusiva.
Traballamos tamén a historia das irmás Mirabal, tres mulleres que foron asasinadas por opoñerse a unha ditadura aló polo ano 1960. Eran coñecidas como "As bolboretas", de aí que levemos ese colar.
A partir de agora a entrada do cole é unha pequena exposición de bolboretas que agardamos voen libres coma todas as persoas. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e sen estereotipos!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

