venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Comezamos cunha actividade de robótica que nos prepararon, para todo o cole, as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria xunto co seu profe. Converteron os mBots en Tanquebots con palabras como agarimo, paz... que foron quen de destruír o muro do medo, o bullying... (feito con pezas LEGO) para lograr un mundo mellor.

Tamén fixeron en papel continuo diversos símbolos referidos á paz, polos cales camiñaron diferentes Ozobots. Como veredes, dependendo do código de colores, realizan uns movementos ou outros, que vos parece??
 

Fixemos un pequeno festival conxunto entre todo o cole, onde cada clase presentou a muller que estivo traballando ao longo dos días; todas elas recibiron un Premio Nobel da Paz. Tamén se realizou a entrega de agasallos do concurso de debuxos e contos e rematamos bailando a canción "Girasoles de Rozalén".
    

"A paz non é algo que desexas. É algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
John Lennon

sábado, 25 de xaneiro de 2020

NA BUSCA DE INFORMACIÓN

Despois de respostar ás preguntas:

Que sabedes sobre o Polo Norte?
Que queredes saber sobre o Polo Norte? 

Comezamos o proceso de busca de información: buscamos nos libros que nos trouxo Branca e nos que nos trouxeron as familias. Pero quixemos buscar tamén na Biblioteca do noso centro, alí vimos a diferencia que hai entre os libros de ficción e os libros informativos e indagamos en que apartado da CDU deberíamos buscar para atopar libros nos que se falase sobre o Polo Norte.
Finalmente chegamos á conclusión que tiñamos que mirar no apartado 5 Ciencias exactas e da natureza.









venres, 24 de xaneiro de 2020

O NOSO RECUNCHO

As nosas ansias por aprender sobre a terra de Branca levounos a escribirlle unha nota as nosas familias para buscar máis información, con todo o que aportaron montamos o noso propio recuncho do Polo Norte. 


Familiaaaaasss moitas grazas por axudarnos!!!






EXPERIMENTANDO

Despois das vacacións de Nadal quixemos seguir experimentando coas dúas esferas de xeo que deixaramos no conxelador... E se botamos as dúas esferas nunha pota e as quentamos na cociña? que pasará?





Comparamos o que lle aconteceu ás esferas de xeo co que está a pasar nas terras de Branca , o planeta terra quéntase irremediablemente e Branquiña vai quedar sen casa, iso prodúcenos moita tristeza... pero seguro que atopamos unha solución!!! non nos daremos por vencidos/as!!!

UN CILINDRO DE XEO

E como non!!! quixemos repetir experiencia!!!Fixemos dúas esferas máis con globos e quixemos probar outra cousa ... que pasaría se fixesemos o mesmo pero nun bote que tiñamos na clase con forma cilíndrica? Isto foi o que pasou...








O RESULTADO

Despois de conseguir encher o globo con auga só quedaba metelo nun conxelador, entón decidimos desplazarnos á sala de profesores/as onde hai un e deixámolo alí un día.
 Ao día seguinte volvemos ao conxelador e mirade cal foi o resultado....






Agora xa só quedaba ver o que pasaría se deixábamos a nosa esfera de xeo fóra do conxelador....




Isto deunos pé a falar do que era o estado sólido e do que era o estado líquido e como é o proceso de desconxelación, ademais establecemos unha comparativa co que desgraciadamente está pasando nos Polos.

ESFERAS DE XEO

Na carta, Branca contounos que é amiga de Fidalgo, a nosa mascota da Biblioteca, e que se coñeceron nunha das viaxes que fixo o noso trasno ao Polo Norte. Na carta ademais Branca transmitiunos a súa crecente preocupación polo quentamento do planeta terra, cada vez que sube a temperatura os Polos derrétense, e pídenos axuda para buscar solucións.
Ademais propúxonos xogar e experimentar facendo esferas de xeo, para iso precisábamos encher un globo con cousiñas de outono (follas, landras, millo...) despois encher o globo de auga e metelo no conxelador e agardar ao día seguinte para ver o resultado e así o fixemos...










Pero algo non funcionaba ao introducir as follas, millo e as landras e despois encher o globo de auga a auga non entraba no globo mmmm..... entón tivemos que buscar unha solución e despois de moito pensar encendeusenos a bombilla... e se lle damos co inchador de globos da profe despois de introducir as cousiñas de outono? Ese día Aitana era a encargada e púxose mans á obra...




Logo de inchar o globo había que probar algo moi difícil: introducir a boca do globo dentro dunha botella de auga para darlle despois a volta e que quedara o globo cheo de auga!






Demos coa solución!!! Posteriormente reflexionamos sobre o acontecido e chegamos á conclusión de que o aire realmente ocupa lugar, ao inflar o globo éste encheuse de aire e por iso despois puidemos ocupar o espazo con auga!