martes, 4 de febreiro de 2020

BROCHETAS SAUDABLES

Hoxe puxémonos mans a obra co primeiro reto do proxecto!! Facer brochetas saudables coas froitas que nos gustan.



Reto superado!!

COMEZO DUN PROXECTO

Onte na clase de 5 anos, logo de acabar a asemblea, decatámonos de que había algo na nosa biblioteca... Un novo libro e unha carta!! De quen sería?, quen puxera aquilo alí?, era para nós?



Cheos de ilusión puxémonos a lela e.. era unha carta de Fidalgo, a mascota da nosa biblioteca!!  Convidábanos a comezar un proxecto pero, para descubrir sobre que, tivemos que descifrar un código poñendo debaixo de cada imaxe, a letra pola que comeza cada palabra.



Andaaa!! Xa descubrimos de que se trataba o proxecto que nos dicía Fidalgo, de alimentación saudable, que é moi importante para medrar fortes e sans. Xa el sabía canto nos gustan a nós os festexos con comida, somos mooooi larpeiros e larpeiras jijiji

Para comezar, deixounos un libro titulado Yo me pregunto... Los alimentos, que agora forma parte do recuncho que imos facer sobre a temática. Tamén nos propuxo un primeiro reto: facer brochetas de froita. Para iso, precisabamos froitas pero... cales? A mellor idea que se nos ocorreu foi facer unha lista con aquelas que nos gustan para que a profe puidese mercalas para facer a merendola ao día seguinte, e iso fixemos.











XOGANDO Á OCA CON BEE BOT

Na aula de 5 anos estivemos xogando á oca co noso amigo Bee Bot. O xogo consistía en tirar un dado, contar e darlle as indicacións ao noso robot para que avanzase o número de cadrantes correspondente. En cada un deles tiñamos unha pregunta sobre aspectos de lóxica matemática como coller unha decena de paus, pequenas sumas, uso dos cuantificadores máis/menos/igual... e tamén cuestións de lectoescritura: escribir unha palabra que comece por C, escribir o nome dalgún compañeiro/a... Ademais tamén tiñamos a opción de "oca oca, tiro porque me toca", o pozo que nos prohibía tirar na seguinte quenda...



NAGORE CUMPLE 6

Onte celebramos o aniversario de Nagore, a maior da clase de 5!! Parabéns!! Xa tes 6 aniños.

luns, 3 de febreiro de 2020

COÑECENDO A ALVA MYRDAL

 Para conmemorar o 30  de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cada clase do cole tivo que investigar sobre mulleres comprometidas polo Paz, na clase de 4 anos estudiamos a biografía de Alva Myrdal, unha diplomática sueca que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1982 polos seus esforzos polo desarmamento. 
 Para plasmar o aprendido fixemos un cartel no que escribiamos algúns datos da súa biografía   e da súa labor. Ademais decidimos facer unha caricatura dela para poder expoñela no corredor do colexio, mirade canto traballamos!!





Despois de facer entre todos e todas unha caricatura grande de Alva Myrdal apetecíanos facer unha de forma individual e quedáronnos así de chulas!!!














E non sabedes que!!!! Resulta que Alva Myrdal naceu en Suecia o 31 de Xaneiro de 1902!!!! Non podíamos deixar pasar esa ocasión así que celebramos o seu aniversario cunha festa rachada!!! Parabéns Alva!!!!












venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Onte, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Comezamos cunha actividade de robótica que nos prepararon, para todo o cole, as nenas e nenos de 6.º de Educación Primaria xunto co seu profe. Converteron os mBots en Tanquebots con palabras como agarimo, paz... que foron quen de destruír o muro do medo, o bullying... (feito con pezas LEGO) para lograr un mundo mellor.

Tamén fixeron en papel continuo diversos símbolos referidos á paz, polos cales camiñaron diferentes Ozobots. Como veredes, dependendo do código de colores, realizan uns movementos ou outros, que vos parece??
 

Fixemos un pequeno festival conxunto entre todo o cole, onde cada clase presentou a muller que estivo traballando ao longo dos días; todas elas recibiron un Premio Nobel da Paz. Tamén se realizou a entrega de agasallos do concurso de debuxos e contos e rematamos bailando a canción "Girasoles de Rozalén".
    

"A paz non é algo que desexas. É algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
John Lennon

sábado, 25 de xaneiro de 2020

NA BUSCA DE INFORMACIÓN

Despois de respostar ás preguntas:

Que sabedes sobre o Polo Norte?
Que queredes saber sobre o Polo Norte? 

Comezamos o proceso de busca de información: buscamos nos libros que nos trouxo Branca e nos que nos trouxeron as familias. Pero quixemos buscar tamén na Biblioteca do noso centro, alí vimos a diferencia que hai entre os libros de ficción e os libros informativos e indagamos en que apartado da CDU deberíamos buscar para atopar libros nos que se falase sobre o Polo Norte.
Finalmente chegamos á conclusión que tiñamos que mirar no apartado 5 Ciencias exactas e da natureza.