Mirade que petisco máis saudable nos zampamos onte a media mañán grazas aos nosos compañeiros de 5 anos. Convidáronnos a estas froitas tan ricas e sans ( amorodos, mazáns, melón....) coas que fixemos unha rica macedonia.
Grazas amiguiñ@s!!!!!
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
mércores, 5 de febreiro de 2020
UN CONTACONTOS EN FEBREIRO
Hoxe, os nenos e as nenas de educación infantil aproveitamos a Hora de Ler para ir á biblioteca do cole a un contacontos. Tivemos moita sorte pois algúns nenos e nenas de 6.º de primaria léronnos un conto que nos gusta mooooito a todos. Sabedes cal foi? Siiii... Corre corre, cabaciña!!!
Grazas compis!!
martes, 4 de febreiro de 2020
BROCHETAS SAUDABLES
Hoxe puxémonos mans a obra co primeiro reto do proxecto!! Facer brochetas saudables coas froitas que nos gustan.
Reto superado!!
Reto superado!!
COMEZO DUN PROXECTO
Onte na clase de 5 anos, logo de acabar a asemblea, decatámonos de que había algo na nosa biblioteca... Un novo libro e unha carta!! De quen sería?, quen puxera aquilo alí?, era para nós?
Cheos de ilusión puxémonos a lela e.. era unha carta de Fidalgo, a mascota da nosa biblioteca!! Convidábanos a comezar un proxecto pero, para descubrir sobre que, tivemos que descifrar un código poñendo debaixo de cada imaxe, a letra pola que comeza cada palabra.
Andaaa!! Xa descubrimos de que se trataba o proxecto que nos dicía Fidalgo, de alimentación saudable, que é moi importante para medrar fortes e sans. Xa el sabía canto nos gustan a nós os festexos con comida, somos mooooi larpeiros e larpeiras jijiji
Para comezar, deixounos un libro titulado Yo me pregunto... Los alimentos, que agora forma parte do recuncho que imos facer sobre a temática. Tamén nos propuxo un primeiro reto: facer brochetas de froita. Para iso, precisabamos froitas pero... cales? A mellor idea que se nos ocorreu foi facer unha lista con aquelas que nos gustan para que a profe puidese mercalas para facer a merendola ao día seguinte, e iso fixemos.
XOGANDO Á OCA CON BEE BOT
Na aula de 5 anos estivemos xogando á oca co noso amigo Bee Bot. O xogo consistía en tirar un dado, contar e darlle as indicacións ao noso robot para que avanzase o número de cadrantes correspondente. En cada un deles tiñamos unha pregunta sobre aspectos de lóxica matemática como coller unha decena de paus, pequenas sumas, uso dos cuantificadores máis/menos/igual... e tamén cuestións de lectoescritura: escribir unha palabra que comece por C, escribir o nome dalgún compañeiro/a... Ademais tamén tiñamos a opción de "oca oca, tiro porque me toca", o pozo que nos prohibía tirar na seguinte quenda...
NAGORE CUMPLE 6
Onte celebramos o aniversario de Nagore, a maior da clase de 5!! Parabéns!! Xa tes 6 aniños.
luns, 3 de febreiro de 2020
COÑECENDO A ALVA MYRDAL
Para conmemorar o 30 de Xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, cada clase do cole tivo que investigar sobre mulleres comprometidas polo Paz, na clase de 4 anos estudiamos a biografía de Alva Myrdal, unha diplomática sueca que recibiu o Premio Nobel da Paz en 1982 polos seus esforzos polo desarmamento.
Para plasmar o aprendido fixemos un cartel no que escribiamos algúns datos da súa biografía e da súa labor. Ademais decidimos facer unha caricatura dela para poder expoñela no corredor do colexio, mirade canto traballamos!!
Despois de facer entre todos e todas unha caricatura grande de Alva Myrdal apetecíanos facer unha de forma individual e quedáronnos así de chulas!!!
E non sabedes que!!!! Resulta que Alva Myrdal naceu en Suecia o 31 de Xaneiro de 1902!!!! Non podíamos deixar pasar esa ocasión así que celebramos o seu aniversario cunha festa rachada!!! Parabéns Alva!!!!
Para plasmar o aprendido fixemos un cartel no que escribiamos algúns datos da súa biografía e da súa labor. Ademais decidimos facer unha caricatura dela para poder expoñela no corredor do colexio, mirade canto traballamos!!
Despois de facer entre todos e todas unha caricatura grande de Alva Myrdal apetecíanos facer unha de forma individual e quedáronnos así de chulas!!!
E non sabedes que!!!! Resulta que Alva Myrdal naceu en Suecia o 31 de Xaneiro de 1902!!!! Non podíamos deixar pasar esa ocasión así que celebramos o seu aniversario cunha festa rachada!!! Parabéns Alva!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)