Como lle collemos o gusto a esto de disfrazarnos , desta vez decicimos facer o noso tocado de indio. Plumas, cartolina, pegamento, e .....mans á obra.
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
martes, 18 de febreiro de 2020
INDIOS Á VISTA
Que antroideiros estamos feitos os de 3 anos.
COMEZA O ENTROIDO
Na aula de 3 anos xa comezou o entroido.
Con diferentes materiais; lana, confeti, bigotes, bocas monstruosas....e poñendo en marcha a nosa imaxinación comenzamos a disfrazarnos. Velaquí o proceso.
Agora sí.... seredes capaces de recoñecer a cada quen???, Quedamos feitos uns choqueiros e choqueiras ben requeteguap@s.
Con diferentes materiais; lana, confeti, bigotes, bocas monstruosas....e poñendo en marcha a nosa imaxinación comenzamos a disfrazarnos. Velaquí o proceso.
Agora sí.... seredes capaces de recoñecer a cada quen???, Quedamos feitos uns choqueiros e choqueiras ben requeteguap@s.
Por se non fostes capaces de adiviñar de quen se agochaba detrás de tanta maquillaxe aquí vai algunha pista!!!!
sábado, 15 de febreiro de 2020
SEMANA SAUDABLE
"Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns".
Esta semana no cole realizamos diferentes actividades
saudables co fin de abordar a temática do Día dos Namorados dende unha
perspectiva distinta, o coidado do corazón a nivel emocional, do exercicio
físico e a alimentación saudable.
Deixámosvos unha ligazón ao xornal La Voz de Galicia onde se fai referencia á actividade: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2020/02/15/carrera-saludable-xesus-san-luis-romero/0003_202002C15C10995.htm# Tamén saímos no xornal Diario de Bergantiños. Grazas por dar visibilidade ao noso traballo!!
OBRADOIRO DE BOMBÓNS
Esta semana, os nenos e nenas de educación infantil estivemos facendo bombóns. Velaquí unha mostra do grandes reposteiros/as que somos!!
A proba destes bombóns foi para as casas dos peques. Foi o noso agasallo do Día dos Namorados.
BUSCA DE INFORMACIÓN
Na aula de 5 anos seguimos afondando máis e máis no proxecto da alimentación saudable, así que fomos á biblioteca en busca de libros sobre a temática.
Este material forma agora parte do noso recuncho da alimentación e axudaranos a aprender un montón de cousas sobre hábitos saudables.
Aproveitando a temática e que no recuncho do supermercado contamos con diferentes alimentos, decidimos clasificalos. O que máis nos sorprendeu é que o tomate é unha froita, non unha verdura. E sabedes por que? Porque todo aquilo que ten as sementes no seu interior é unha froita.
O NOSO XACINTO CORAZÓN
Na aula de 5 anos tamén temos un xacinto, un xacinto de cor rosa ben fermoso! Con el aprendemos algunhas características importantes para o seu coidado, a responsabilizarnos para regalo, a ter paciencia mentres agardamos a que saíse a flor...
Xa levaba algúns días con nós na clase cando se nos ocorreu unha idea, poñerlle un nome!! Había moitas propostas así que o máis xusto para bautizalo era votar e escoller aquel que lle gustaba máis á maioría.
E así foi como o noso xacinto quedou bautizado como "Corazón".
xoves, 6 de febreiro de 2020
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Queres matricular o teu neno ou nena no noso cole para o vindeiro curso?? A próxima semana realizamos unha xornada de portas abertas, ven coñecernos!! Agardámoste cos brazos abertos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






































