martes, 18 de febreiro de 2020

INDIOS Á VISTA

Que antroideiros estamos feitos os de 3 anos.
Como lle collemos o gusto a esto de disfrazarnos , desta vez decicimos facer o noso tocado de indio. Plumas, cartolina, pegamento, e .....mans á obra.
Velaquí o resultado.







COMEZA O ENTROIDO

Na aula de 3 anos xa comezou o entroido.
Con diferentes materiais;  lana, confeti, bigotes, bocas monstruosas....e poñendo en marcha a nosa imaxinación comenzamos a disfrazarnos. Velaquí o proceso.










Agora sí.... seredes capaces de recoñecer a cada quen???, Quedamos feitos uns choqueiros e choqueiras ben requeteguap@s.









Por se non fostes capaces de adiviñar de quen  se agochaba detrás de tanta maquillaxe aquí vai algunha pista!!!!



sábado, 15 de febreiro de 2020

SEMANA SAUDABLE

"Para agasallar amor a montóns, coidade os vosos corazóns".


Esta semana no cole realizamos diferentes actividades saudables co fin de abordar a temática do Día dos Namorados dende unha perspectiva distinta, o coidado do corazón a nivel emocional, do exercicio físico e a alimentación saudable.

 

Deixámosvos unha ligazón ao xornal La Voz de Galicia onde se fai referencia á actividade: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2020/02/15/carrera-saludable-xesus-san-luis-romero/0003_202002C15C10995.htm# Tamén saímos no xornal Diario de Bergantiños. Grazas por dar visibilidade ao noso traballo!!

OBRADOIRO DE BOMBÓNS

Esta semana, os nenos e nenas de educación infantil estivemos facendo bombóns. Velaquí unha mostra do grandes reposteiros/as que somos!!
 

A proba destes bombóns foi para as casas dos peques. Foi o noso agasallo do Día dos Namorados.

BUSCA DE INFORMACIÓN

Na aula de 5 anos seguimos afondando máis e máis no proxecto da alimentación saudable, así que fomos á biblioteca en busca de libros sobre a temática.














Este material forma agora parte do noso recuncho da alimentación e axudaranos a aprender un montón de cousas sobre hábitos saudables.

Aproveitando a temática e que no recuncho do supermercado contamos con diferentes alimentos, decidimos clasificalos. O que máis nos sorprendeu é que o tomate é unha froita, non unha verdura. E sabedes por que? Porque todo aquilo que ten as sementes no seu interior é unha froita.

O NOSO XACINTO CORAZÓN

Na aula de 5 anos tamén temos un xacinto, un xacinto de cor rosa ben fermoso! Con el aprendemos algunhas características importantes para o seu coidado, a responsabilizarnos para regalo, a ter paciencia mentres agardamos a que saíse a flor...


Xa levaba algúns días con nós na clase cando se nos ocorreu unha idea, poñerlle un nome!! Había moitas propostas así que o máis xusto para bautizalo era votar e escoller aquel que lle gustaba máis á maioría.


E así foi como o noso xacinto quedou bautizado como "Corazón".

xoves, 6 de febreiro de 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Queres matricular o teu neno ou nena no noso cole para o vindeiro curso?? A próxima semana realizamos unha xornada de portas abertas, ven coñecernos!! Agardámoste cos brazos abertos.