mércores, 4 de marzo de 2020

TEMPO DE TRABALLO NOS RECUNCHOS

No medio do proxecto da alimentación, a celebración do entroido, do día de Rosalía... sempre temos un pouco de tempo para xogar e aprender nos recunchos. Velaquí unha mostra dalgúns xogos que temos na aula dos maiores de infantil.

Ordenar a serie numérica e asociar número-cantidade coas nosas galiñas poñedoras.

"Lectura" de libros, neste caso un de adultos que ten especial éxito na nosa clase.

Xogos coas pezas LEGO e o xeoplano. A nosa creatividade e imaxinación é moi grande así que ademais de usar o xeoplano para facer formas xeométricas con gomas, tamén preparamos traxectos para percorrer cos coches.


Algunhas das nosas artistadas. Debuxamos, coloreamos, pintamos con acuarela...



Xogo co arco da vella que temos emprestado da biblioteca.




















BUSCA E ANÁLISE DE INFORMACIÓN

Como sabedes, na aula de 5 anos, estamos embarcados nun proxecto de alimentación saudable. Sabedes que é o que queremos saber sobre esta temática? Velaquí as nosas inquedanzas.
  • Como se cociñan as cenorias?
  • Como podemos saber que alimentos nos gustan e cales non?
  • De onde veñen os alimentos?
  • Canta froita e verdura hai que comer cada día?
  • Que é o glute?
  • Que son os celíacos?

Con estas preguntas, preparamos o material para clasificar a información.


Coas profes Mar e María, fomos lendo os libros que collemos na biblioteca e organizamos toda a información que nos servía para dar resposta aos interrogantes.

 
 






Despois de varias sesión buscando e rebuscando información nos libros, atopámonos cun problema!! En ningún deles obtiñamos resposta a "que era o glute" e "que eran os celíacos". E... onde poderiamos buscar? Ocorréusenos internet, así que encedemos o encerado dixital e buscamos en páxinas web e vídeos.


Listo, xa tiñamos toda a información seleccionada e organizada no noso esquema.



Agora realizaremos un dosier sobre o que aprendemos de alimentación saudable e diferentes actividades e experimentos sobre a temática. Estade atentos, pouco a pouco irémosvos contando máis!

domingo, 1 de marzo de 2020

MALETA VIAXEIRA

Os nenos e nenas de 3 anos estamos aprendendo a recoñecer o noso nome, o dos nosos compañeiros, as súas letras....
Temos  unha maleta viaxeira a que levou este venres un compañeiro a que conten o libro do nome e un puzzle co noso nome para practicar coas familias.
Todos os venres viaxará a algunha das nosas casiñas e devolverase o luns seguinte,Cal será o seu próximo destino?

A VOLTAS CO BEE- BOT!!!

No momento da asemblea os nenos e nenas de 4 anos sempre repasamos os meses do ano e recordamos en cal deles naceu cada un de nós: Ana e Gael naceron no mes de Xaneiro, a profe no mes de Marzo, Hugo H. no mes de Abril, Dylan no mes de Maio, Khaoula e Hugo G. no mes de Xuño, Alejandro no mes de Setembro, Aitana, Lucía e Yara no mes de Outubro e Juan no mes de Decembro. Aprobeitando que xa sabemos os meses do ano quixemos que Bee-Bot coñecese os nosos meses de nacemento así que fomos á Biblioteca e ensinámosllos. Velaí vai a mostra:



Como falamos en varias sesións de pés co conto  "Malina pies fríos", atopamos un album moi bonito que tamén falaba de algo que se soe poñer nos pés: calcetíns!!!
O conto "¡He perdido mis calcetines!" fala da historia dun pato que perdeu os seus calcetíns novos de cor azul e vaise preguntando:Onde estarán? e  ten un final moi inesperado!!!
Despois de contar o conto xogamos a emparellar calcetíns.Tiñamos unha baralla na que aparecían distintos calcetíns e no taboleiro de Bee Bot estaban as súas parellas. Tiñamos que axudarlle a Bee-Bot a chegar ao calcetín correspondente. Pasámolo moi ben!!!

                                                                



Noutra ocasión a mestra María e os nos@s compañeir@s de 5 anos invitáronnos a xogar con eles ao xogo da Oca con Bee-Bot na Biblioteca, foi divertidísimo!!!!
Moitas grazas!!!!


sábado, 29 de febreiro de 2020

SOLICITUDE DE ADMISIÓN

Como sabedes, do 1 ao 20 de marzo estará aberto o prazo de solicitude de admisión para o curso 2020/2021. Para máis información podedes consultar a páxina do centro:


COS PÉS FRÍOS

Tivemos a sorte de coñecer a Malina a personaxe do conto:
"Malina pies fríos" unha historia ambientada no Polo Norte cun final moi cálido e acolledor. 
E falando de pés...
Lembrámonos de que o ano pasado debuxaramos a pegada dos nosos zapatos e apuntaramos o seu número e comparándoos cos de este curso comprobamos que nos medraron a todos e a todas os pés.

Ademais quixemos experimentar con pintura o que sinte Malina cando ten os pés fríos e despois como pasan a estar quentiños.

Concienciámnos tamén da importancia que teñen os pés nas nosas vidas e que ás veces olvidámonos de todos os esforzos que teñen que facer día a día, entón decidimos mimalos dándolle un baño en auga quentiña e unha masaxe... Que relaxados nos quedaron!!!







En relación co Polo Norte lemos nos libros informativos que temos na clase sobre os Icebergs, bloques de xeo que se desprenden dos galciares e que flotan no mar, como proveñen dos glaciares son de auga doce. Despois de ler toda a información e ecribila, decidimos facer un experimento moi curioso.
Para levalo a cabo precisamos ovos, sal e auga. Antes de realizar o experimento vimos as diferenzas entre o sabor de auga doce e de auga salgada. 
Velaquí  vos deixamos unha pequena mostra do noso experimento:


"VITAMINÁNDONOS"

Como ás veces despois de xogar no recreo estamos un pouco baixos de enerxía de vez en cando tomamos petiscos de froita, nesta ocasión probamos varias froitas pero unha delas cunha curiosidade engadida, dixo a nosa mestra que cando vai mercar piña ao super fíxase moito na etiqueta porque algunhas teñen un avión debuxado: sabedes porque?
As piñas que na etiqueta teñen escrito:" por avión" quere dicir que esas piñas  foron  recollidas no momento óptimo de maduración no seu país de orixe, neste caso de Costa Rica e viaxaron en avión para chegar a España canto antes, sendo o seu sabor e o seu ulido moito máis intenso que as demais piñas.