martes, 17 de marzo de 2020

RETOS SEMANAIS

Estimadas familias:
Como xa vistes, neste blog penduramos un montón de actividades que podedes facer coas nenas e nenos estes días na casa (http://ospequesdesanluis.blogspot.com/2020/03/propostas-de-actividades.html). Todas elas poden realizarse con obxectos da vida cotiá. Ademais tamén engadimos ligazóns a xogos educativos interactivos que servirán para aprender xogando e non perder a rutina da escola (http://ospequesdesanluis.blogspot.com/2020/03/xogos-interactivos_15.html).

A partir desta semana, imos pendurar diferentes retos semanais que fan referencia a diferentes aspectos do currículo. Lembrade que son voluntarios pois somos conscientes das limitacións de comunicarnos convosco a través da internet.

Comezamos! Moito ánimo!!

domingo, 15 de marzo de 2020

XOGOS INTERACTIVOS

Ademais das propostas anteriores, deixámosvos ligazóns a diferentes xogos interactivos.



XOGOS VARIADOS

* El Buho Boo con xogos variados.
https://www.elbuhoboo.com/juegos-educativos.php


* Memoria: números e os seus nomes en inglés.
https://arbolabc.com/numeros-en-ingles/memoria

* Animais da granxa:


CORES E DEBUXOS



LECTOESCRITURA

* Pizarra magnética para formar palabras coas diferentes letras.

http://www.cercifaf.org.pt/mosaico.edu/ca/magnetes_letras.html


LÓXICA-MATEMÁTICA
Números

* Brinquemos con don Sapo para completar co número que corresponde: 
https://arbolabc.com/juegos-de-numeros/brinquemos-con-don-sapo-1-10
Formas xeométricas

Sumas
* Xogo de sumas: O laboratorio do Ogro.
https://arbolabc.com/juegos-de-sumas/labratorio-del-ogro-1


venres, 13 de marzo de 2020

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

Como xa sabedes, dende o luns 16 de marzo de 2020, quedan suspendidas as clases durante 14 días como medida de contención contra o coronavirus. Deixámosvos aquí algunhas propostas de actividades. Son totalmente voluntarias e teñen unha única finalidade: practicar determinadas aprendizaxes durante este periodo de tempo e así non perder o hábito de traballo. Sería recomendable facer algo cada día, sen exceder os 15-30 minutos.


 


Tamén podedes escoitar algunhas cancións que usamos moito na clase:


Algúns contos poden ser:

Estas son simples propostas con materiais da vida cotiá que nos servirán para aprender moito ao longo destes días. Aínda así, os deberes máis importantes son protexerse para non contaxiarse do coronavirus.

Deixámosvos un vídeo con recomendacións: https://www.youtube.com/watch?v=prHuClGHtmY

Súmate ao reto #QuédateEnCasa https://www.youtube.com/watch?v=q9F8utSA5VA

Tede moi presente esta canción elaborada polo alumnado doutro colexio:

Como di a canción de Jorge Drexler, recordade #SaudarCodoConCodo

Coidadevos moito!! Vémonos pronto,
O equipo de Educación Infantil.

EXPERIMENTANDO COS DIFERENTES SABORES

Onte, antes de saber desta parada de 14 días, na clase de 5 anos estivemos a traballar sobre os diferentes sabores. As profes presentamos varios alimentos: sal, azucre, galletas salgadas e doces e limón. O primeiro paso démolo preguntando en que recipiente había sal e en cal azucre pero os peques tíñano moi claro: o azucre era o que tiña brilli brilli.

Logo de distinguir eses dous, pensamos cales serían doces, salgados, amargos... e como o podiamos saber. Pois resulta que, tal e como vimos en diferentes libros que consultamos, na lingua temos unha especie de "bultiños" que nos permiten recoñecer os diferentes sabores e cada un distinguímolo cunha parte distinta da lingua.

Deixámosvos unha pequena mostra da actividade.

mércores, 11 de marzo de 2020

CONSELLOS ANTI-COROAVIRUS

Como vos contabamos, na clase de 5 anos estivemos traballando con xornais pero... houbo algo que nos chamou moito a atención!! Había moitísimas noticias do coroavirus!! Dado que todos escoitamos falar sobre el na tele, ás familias, vimos noticias no xornal e estamos un chisco preocupados, decidimos buscar información na rede.

Documentámonos sobre algúns consellos para evitar contaxiarnos pero tamén nos pareceu boa cousa compartilos co resto dos compañeiros e compañeiras do centro. Pensamos e repensamos e ocorréusenos unha superidea!! Facer un cartel informativo de consellos anti-coroavirus e colgalo na entrada do cole.

Ademais puxémolos en práctica. Incluso simulamos a acción de lavar as mans escoitando unha canción, sabedes por que? Porque vimos en internet un consello moi divertido para os máis pequenos: lavar as mans tanto tempo como dure a nosa canción favorita. Nós escollemos "Susanita tiene un ratón".

ABECEPRENSA

Do 9 ao 13 de marzo celébrase a Semana da Prensa, así que na aula de 5 anos traballamos co xornal La Voz de Galicia. E sabedes que fixemos?? Dividímonos en 4 equipos e buscamos palabras que comezasen por cada unha das letras do abecedario.


domingo, 8 de marzo de 2020

Dende aquí vexo un camiño...

Como o 24 de Febreiro foi o aniversario de Rosalía e neste curso coincidiu co Entroido, á volta da ponte os nenos e nenas de 4 anos quixemos recordala aprendendo un anaco dun poema seu que nos invitaba a facer voar a nosa imaxinación. 
Un poema que nos tenta a percorrer un camiño descoñecido, unha porta aberta á fantasía que nos atrae moito aos nenos e nenas.
Despois de ler varias veces o poema xogamos a imaxinar a onde nos gustaría que nos levase o camiño: ao país dos dinosaurios, a un monte con animais perigosos, a unha casa nova, a unha cafetería,ao país onde vive Hulk....
Quixemos representar a través do debuxo os nosos camiños e pintámolos con acuarelas, logo veu a parte máis divertida gravar as nosas voces. Velaí vai unha pequena mostra, agardamos que vos guste!!!

Dende aquí vexo un camiño

que non sei adónde vai;
polo mismo que no sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean, 
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.
...
                     (Rosalía de Castro)