mércores, 15 de abril de 2020

EN MARCHA OS TRABALLIÑOS DE RELI

Xa nos están chegando fotos dos vosos traballiños de relixión.

Dani B.




Nagore


RETO MÉRCORES 15 DE ABRIL DE 2020

Bo mércores!! Hoxe traémosvos unha actividade que seguro vos gusta moito. Trátase de formar figuras xeométricas. Ímosvos explicar como.

Precisaredes:
  • Escarvadentes ou paus de pinchos morunos.
  • Plastilina ou similar.

Como ides facer? Tedes que intentar construír as seguintes figuras.


Animádevos a enviarnos fotos do resultado e vídeos facendo nas figuras 📷📷 Estamos desexando velas!! 👀 Lembrade dicirnos que tipo de figura é cada unha das que construístes 🔺೦ ᥇ Tamén podedes poñer en marcha a imaxinación e facer outras figuras ou construcións que se vos ocorran.

Ánimo peques!! Será moi divertido 😀😊

ACTIVIDADES RELIXIÓN

Bo día!! A profe Alicia envíavos as seguintes fichas de relixión.

martes, 14 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO 14 DE ABRIL DE 2020

Xa comezan a chegar as vosas manualidades máis primaverais. Mirade mirade!! Están quedando preciosas 😍😍

Eber xa ten a súa flor feita!!



Nagore fixo plastilina caseira para a súa manualidade primaveral 👏







Luci xa ten as súas xoaniñas. Fixástesvos que están feitas con galletas e unha uva??



Gael xa ten a súa flor feita de macarróns.







Na casa de Dani B. xa medradon tres tulipáns ben bonitos.



Xoán xa ten dúas macetas plantadas con flores.




Hugo G. xa ten o seu cactus florecendo.






Dani A. xa fixo a súa floriña de primavera e tamén un debuxo da portada do libro recomendado para hoxe.





Nagore envíanos o seu arco da vella.


Ben feito peques!! 😀😀😀😀

RETO MARTES 14 DE ABRIL DE 2020

Benvidos/as ao 3.º trimestre e boa volta das “vacacións”!! Que tal estades?? Agardamos que ben, que descansásedes moito, que fixésedes mooooitos plans caseros coas vosas familias e que nos botásedes un chisquiño de menos 🙈🙈

Como sabedes, o 21 de marzo comezou a primavera así que hoxe traémosvos unhas propostas moi primaverais. Que vos parece?
Archivo:Antonio Vivaldi portrait.jpg - Wikipedia, la enciclopedia ...






  • Un conto titulado ¿Qué sabes de la primavera? Premede na imaxe da súa portada para acceder a el.
que sabes de la primavera by trinuka trinuka martinez - issuu


  • Unha manualidade para decorar as vosas casas cun ambiente primaveral; podedes pegalas nas ventás como facemos no cole. Deixámosvos varias propostas, escollede a que máis vos guste ou poñede en marcha algunha das vosas ideas primaverais. Seguro que tedes moitas!!!

Imaxe extraída de https://kunts.benefitss.pw/kreative-kunstideen-fuer-die-vorschule-des-fruehlingshandwerks-34/
Manualidades de flores con manos
Imaxe extraída de https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-flores-para-recibir-la-primavera/

Manualidades de flores con macarrones
Imaxe extraída de https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/manualidades-para-ninos/manualidades-de-flores-para-recibir-la-primavera/
Manualidades Infantiles
Imaxe extraída de http://www.imagui.com/a/manualidad-de-primavera-preescolar-cA6GA4aEA
DIARIO NOGALES: Los dibujos de primavera de los niños de infantil.
Imaxe extraída de http://www.imagui.com/a/manualidad-de-primavera-preescolar-cA6GA4aEA
Ideas para primavera - Atendiendo Necesidades
Imaxe extraída de http://www.imagui.com/a/manualidad-de-primavera-para-ninos-TG6rk9R5y

Manualidades de primavera para jardin infantil - Imagui
Imaxe extraída de http://www.imagui.com/a/manualidad-de-primavera-preescolar-cA6GA4aEA
Lembrade que son ideas. Seguro que vós tedes moitas outras ben bonitas. A poñer en marcha a vosa creatividade e imaxinación.

Un bico de primavera!! 😘😘 Agardamos ver fotos e vídeos das vosas manualidades 📷📷