luns, 20 de abril de 2020

EN MARCHA O RETO 20 DE ABRIL DE 2020

Xa estamos mans á obra descompoñendo números. Mirade mirade!! 👀 Tamén nos chegan outros traballiños ben chulos 😀😀

Faustino




Alejandro



Hugo G.


Eber xa fixo o reto de hoxe.





Gael elixiu varios números para descompoñer.











Carliños facendo letras e o libro dos números.





Dani A. descompuxo os números 10 e 20.







Dani B. descompuxo o número 12, nin máis nin menos que unha ducia!








Xoán descompuxo o número 10.





Luci descompuxo o número 10




Nagore descompuxo o número 12



RETO LUNS 20 DE ABRIL DE 2020

Benvid@s a unha nova semana peques!! Descansastes moito estes dous días?? Hoxe vimos propoñervos un reto matemático. Preparados... listos... xa!! Arrincamos este luns.

Para as nenas e nenos de 3 anos

Ímos comezar cunha canción sobre os números. Premede na imaxe para escoitala.


Agora tedes que facer un libro dos números. Ímosvos explicar como:

1. Coa axuda dun adulto dobrade dous ou tres folios pola metade. Grapádeos ou cosédeos para facer un libro.

2. Escribide na primeira páxina "O MEU LIBRO DOS NÚMEROS".

3. En cada páxina tedes que escribir un número.

4. Debuxade ou pegade recortes de revistas en cada páxina, tantos como o número indique. Velaquí tedes un exemplo.


Para as nenas e nenos de 4 e 5 anos
Imos facer un xogo de descomposición de números. 

Precisades:
  • Unha bolsa de plástico (como as de conxelado).
  • Un rotulador permanente para marcar o medio da bolsa.
  • Unhas fichas de cores, garavanzos, tapóns de botella... Tantas como o número máis grande que queiramos traballar.

Outra alternativa é facelo nun folio, dividido cunha liña no medio para poder poñer pezas, garavanzos... nos dous lados.

Para xogar preguntarémoslle aos nenos e nenas como podemos descompoñer o número 5 (por exemplo). A continuación deberá coller 5 fichas, garavanzos, tapóns... e metelas dentro da bolsa. Despois, terán que representar coas fichas separadas pola liña, os diferentes sumandos que teñen como resultado 5.

Deixámosvos unhas imaxes que vos axudarán a entender as diferentes formas que existen para descompoñer o número 5.

5+0

4+1


3+3

2+3

1+4

0+4

Como observades, algunhas combinacións son a mesma bolsa pero xirada: 1+4 é igual que 4+1, 2+3 é a mesma bolsa que 3+2... Mirade este exemplo:

Agora animámosvos a que o fagades vós con diferentes números e mandádenos fotos ou vídeos 📷📷 recordade que canto máis pequeno é o número, menos combinacións posibles existen.

Agora unha novidade: estade ben atentos mañá 👀👀 temos algunha que outra sorpresiña para vós que seguro vos gusta 😊

Biquiños 😘😘

PARABÉNS BETZA

Hoxe a nosa compañeira Betzabeth está de aniversario!! Moitos parabéns!! Xa tes 6 aniños 💗



Agardamos celebralo pronto no cole!! Biquiños 😘😘

Agora unha tarefiña para os/as compis. Animádesvos a facerlle un debuxiño como acostumamos facer na clase?? Enviádenolos e publicarémolos no blog para que os garde de recordo.


Xa están chegando os debuxos para felicitarte. Que preciosidade de agasallos che fan os compis, Betza 😍😍😍😍

De parte de Xoán: