Queredes ver que ben comprenden os peques o conto A noite das mudanzas? Estade ben atentos/as que aquí tedes unha mostra 😀Tamén veredes as novas versións dun cadro de Álex Colville, menudos artistas 😍😍
Ola a todos e a todas!! Grandes, pequenos, adultos e nenos!! Aquí estamos un día máis con outro reto 😊 Lembrades os contos do venres? Un deles chamábase A noite das mudanzas. Velaquí o deixamos para que o escoitedes de novo pois ides ter que responder a unhas preguntiñas:
As preguntas son as que veñen a continuación. As nenas e nenos de 3 anos, responderán de xeito oral e, as nenas e nenos de 4 e 5 anos, escribirán as respostas.
❓ No título do conto dise que é a noite das _______________________
❓ Que animais aparecen no conto? Escribide o seu nome e contádeos. Non esquezades escribir tamén o número.
❓ Onde estaba o porco?
❓ Quen estaba na porqueira?
❓ Quen estaba no galiñeiro?
❓ Quen estaba no curro?
❓ Cantas ovellas había?
Agora que xa rematastes, deixámosvos un cadro de Álex Colville titulado "Stop for cows". Intentade debuxar unha escena similar onde se vexan unhas vacas e unha nena ou un neno. Animádesvos? 💪
Bo martes peques!! Hoxe é día número dous e, casualmente, tamén o segundo día da semana. Que vos parece se comezamos coa canción dos números? A cantar, que a sabedes!! 😀
Agora imos traballar un pouquiño, imos facer un xogo de emparexar palabras iguais co que traballaremos a discriminación visual. O primeiro que imos facer é preparar dúas tarxetas de cada palabra. Unha vez estean listas, presentránselle ao neno/a todas as tarxetas mesturadas e pediráselle que atope as que son iguais, formando así parellas de palabras. Entendido?
Os nenos e nenas de 3 anos farán as parellas cos nomes da clase en maiúscula: HUGO, CARLOS, KAYLA, ERIK, EBER, DYLAN, MATEO, YERAIK, OMAR, CORAIMA, JULIA, SEYNABOU, YRINA, FAUSTINO, NAGORE, ÓSCAR.
Os nenos e nenas de 4 anos farán as parellas con palabras sinxelas en maiúscula: MAMÁ, PAPÁ, CAN, SOPA...
Os nenos e nenas de 5 anos farán as parellas con palabras sinxelas en minúscula: mamá, papá, mono, can, sopa...
Para os que non tedes posibilidade de imprimir, podedes escribir as letras correspondentes aos símbolos nun folio/libreta. Ademais, coma sempre podedes facer algún debuxo sobre a familia, o que vedes pola ventá, algo que faciades no cole, un debuxo dos compañeiros/as, do que vos gustaría estar facendo...
O correo da profe Alicia é o seguinte: aliciareycuba@gmail.com. A el podedes mandarlle os vosos traballiños 😊
Bo comezo de semana peques!! Hoxe é o primeiro día do mes de xuño 🌞 e xuño é o mes número 6. Lembrades cales son os doce meses do ano? Ímosvos deixar unha canción de Magín Blanco para que fagades un repasiño.
E agora, se estades listos, comezamos co reto de hoxe 🚀 Imos traballar a medida, animádesvos? Primeiro imos ver un vídeo onde se explica como podemos usar o noso corpo para medir.
Agora, coa axuda da familia, imos medir:
MEDIMOS CO PALMO
Pídelle a alguén da túa familia que se deite no chan. Emprega o palmo para medir e apunta o número nun papel. Se o prefires, mide unha mesa.
MEDIMOS CO PÉ
Escolle un lugar da casa (habitación, cociña, salón...) e mídeo co pe. Apunta o número nun papel.
MEDIMOS CO PASO
Vai ao corredor ("pasillo") da túa casa e mídeo co paso. Apunta o número nun papel.
Repetide estas tres medicións co palmo, o pe e o paso dun adulto e apuntádeo. Veredes que non é a mesma medida!!
Como acabades de comprobar, medir co noso corpo non é exacto, pois varia en función do noso tamaño. Pero si que existen obxectos para medir que son exactos e universais 🙊 Buscádeos pola casa. Poden ser regras, metros, cintas métricas... Agora probade a medir, por exemplo, unha mesa con cada un deles, veredes que sempre sae o mesmo número 😀