venres, 5 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 5 DE XUÑO DE 2020

Os nosos peques están comprobando que o material reciclado ten un montón de usos, mirade mirade 👀 fixeron cousas marabillosas!! 😍😍 Bo traballo!!! 👏👏 Sodes uns campións e campioas 🏆🏆

Dani B.







Xoán












Gael



















Lucía































Hugo G.





























Nagore







RETO VENRES 5 DE XUÑO DE 2020

Feliz venres a todos e a todas!! Sabedes que se celebra hoxe? O Día Mundial do Medio Ambiente 🌱🌲🌳🌴🌵🌷🌸🌹🌺🌻🌼🌾🌿. Para comezar deixámosvos unha canción.

Sabedes cal é unha das cousiñas importantes para coidar o medio ambiente? Reciclar. É por isto que hoxe imos facer unha manualidade con material reciclado que todos e todas temos na casa. Deixámosvos algunhas ideas pero podedes facer calquera outra que se vos ocorra.


Trabajo para niños de primaria (con imágenes) | Manualidades ...Trabajos de manualidades de material reciclado fáciles ...



▷ ✅89 ideas fáciles de manualidades de verano con material ...

Manualidades con materiales reciclados para niños

▷ Ideas de manualidades con reciclaje (fáciles y originales ...

Tapones de plástico como material principal para elementos de ...

----------------------------------

Agora deixámosvos uns contiños para a fin de semana. Esta vez, extraídos de internet 😊

El árbol generoso

Capitán verdemán

Nuestro planeta en peligro

Boa fin de semana a todos e a todas 😘😘😘 sede felices e coidade o planeta!! 💗
Burbujitas: 5 de junio: Día Mundial del Medio Ambiente

xoves, 4 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 4 DE XUÑO DE 2020

Xa estades enviando fotos dos xogos do reto de hoxe, que ben!! 😀 Da gusto vervos 😍😍 Agora que xa quedastes relaxadiños, toca seguir co día. Aínda queda moito por diante!! 😊

Hugo G.




Alejandro





















Gael





Lucía




Dani B.


Dani A. e Aroa




Xoán



Aroa

Nagore



RETO XOVES 4 DE XUÑO DE 2020

Un día máis aquí estamos cun novo reto 😊 Que tal estades? Agardamos que ben 💓 Cada vez queda menos para rematar este curso tan atípico así que imos aproveitar estes días que nos quedan.

Primeiro imos facer un xogo de adiviñar e despois un pouquiño de relaxación, vale?

ADIVIÑA, ADIVIÑA
Collede unha caixa de cartón que teñades na casa e facédelle dous buratos para poder introducir as mans. Ao outro lado da caixa teredes un recipiente con distintos obxectos e, sen mirar ⛔👀 e tan só polo sentido do tacto, debedes adiviñar de que obxecto se trata. Entendido?

Deixámosvos unha imaxe para que vos fagades unha idea do explicado.

Imaxe extraída de internet


QUE SE NOS ACABAN AS PILAS!
O obxectivo deste xogo é pasar da tensión e a actividade á relaxación e a tranquilidade. As nenas e nenos deben facer movementos co corpo segundo as indicacións que se lles dan.

Os adultos debedes dicirlle aos nenos/as o seguinte 💬: imos xogar a un xogo, imos ser robots que funcionan con pilas. Primeiro teremos as pilas novas e podemos xogar e correr con rapidez. Teredes que correr libremente dun lado ao outro da casa ou dar voltas o máis rápido que poidades.

Despois diráselle: "xa se gastou unha parte das pilas, así que agora só podedes correr máis lento. A ver como diminuides a velocidade".

Continuaredes dando ordes parecidas a esta ata que diminúan máis a velocidade e, despois dun cachiño, diráselle que as pilas están pola metade e que xa non poden correr e que só poden camiñar.


Despois diráselle: "as pilas estanse acabando e cada vez cústanos máis movernos. Cada vez movémonos máis amodo... máis amodo... máis amodo. Cada paso que damos cústanos moito máis, estamos esgotando toda a enerxía das nosas pilas e imos quedar deitados no chan un anaco".
Agora que xa estades ben relaxadiños, podedes levantarvos. Xa rematou o reto de hoxe pero non esquezades axudar á vosa familia coas cousiñas da casa que xa sodes maiores!! E xogade, claro!! 😀😀

Biquiños 😘😘😘

mércores, 3 de xuño de 2020

AVISO AXUDAS DO CONCELLO

👉ATENCIÓN FAMILIAS 👈


O Concello de Carballo, volve abrir o prazo para solicitar as axudas para o alumnado de Educación Infantil. Sería só para aquelas familias que aínda non as tiñan solicitadas.

📌 LUGAR E HORARIO DE PRESENTACIÓN 📌
  • Rexistro Xeral do Concello de Carballo (Praza do Concello, s/nº) con cita previa chamando ao 981 704 100 📞

📝 DOCUMENTACIÓN BÁSICA QUE SE PRECISA 📝
  • Modelo normalizado de solicitude con todos os epígrafes cubertos. Pode descargarse na ligazón que vos facilitamos ao final.
  • Copia do libro de familia.
  • Copia do DNI ou NIF provisional do beneficiario.
  • Xustificante de titularidade onde constará o nº de conta (co IBAN) a nome do beneficiario/a da axuda (neno/a).

👀 Para máis información, consultade a seguinte ligazón:http://www.carballo.org/info.php?id=492&idioma=gl&cat=&sec=26