martes, 9 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 9 DE XUÑO DE 2020

Aos nosos nenos e nenas non hai nada que se lles resitsta 😊 O curso está a piques de rematar pero seguen esforzándose moito e e a poñer moita ilusión en cada reto 💓

Xoán














Hugo G.



















Gael

















Dani B.









Carlitos

Betza









Nagore





RETO MARTES 9 DE XUÑO DE 2020

Bo día peques do San Luís!! Hoxe estamos aquí cun novo reto. Estades preparados/as? Se a resposta é si, despegamos!! 🚀 Hoxe a cousa vai de lectoescritura. Imos comezar coa canción do abecedario.


Agora explicámosvos as tarefas de hoxe 😊

TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 3 ANOS
Imos construír vogais. O primeiro que imos facer é escribir en anacos de folio/cartón/cartolina as vogais (A, E, I, O, U). Unha vez estean listas meterémolas nunha caixa/bote/bolsa.

As nenas e nenos irán metendo a man na bolsa/caixa/bote e sacarán unha vogal ao azar. Unha vez recoñecen que vogal é, deben reproducila con elementos que temos pola casa: palillos, cores, pasta, follas, flores...

Repetiredes isto con todas as vogais 😊



TAREFAS PARA AS NENAS E NENOS DE 4 E 5 ANOS
Imos construír vogais. O primeiro que imos facer é escribir en anacos de folio/cartón/cartolina as vogais (A, E, I, O, U). Unha vez estean listas meterémolas nunha caixa/bote/bolsa.

As nenas e nenos irán metendo a man na bolsa/caixa/bote e sacarán unha vogal ao azar. Unha vez recoñecen que vogal é, deben reproducila con elementos que temos pola casa: palillos, cores, pasta, follas, flores...

Repetiredes isto con todas as vogais 😊


Agora escribide unha palabra que comece por cada unha das vogais. Probade a facelo vós sós sen que as vosas familias vos digan que letra vai en cada momento, vale? Se vedes que é algo difícil, dicídelle a quen estea con vós que vos vaia pronunciando cada letra e vós intentaredes adiviñala polo son.

Agora deixámosvos unha ficha interactiva para probar. Primeiro, premede na imaxe para acceder a ela. Comezaredes por pinchar en "leer" para que a vosa familia vos lea o conto ou en "ver en YouTube" para escoitalo en vídeo. Logo facede, no móbil/tablet/ordenador, as tres actividades de comprensión. Son faciliñas 😀 Cando rematedes podedes darlle a "¡Terminado!" e "Comprobar mis respuestas", así sinalaravos en verde o que está ben e en vermello o que está mal.


Moito ánimo!! 💪 e un bico ben grande 💋

TAREFAS DE RELIXIÓN PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Bo día!! A profe Alicia xa ten programadas no seu blog as tarefas de relixión para a semana do 8 ao 12 de xuño. Podedes consultalas na seguinte ligazón premendo na palabra "Actividades" que aparece en vermello: https://reliargallamos.blogspot.com/2020/06/semana-do-8-ao-12-de-xuno.html



Para os que non tedes posibilidade de imprimir, podedes escribir as letras correspondentes aos símbolos nun folio/libreta. Ademais, coma sempre podedes facer algún debuxo sobre a familia, o que vedes pola ventá, algo que faciades no cole, un debuxo dos compañeiros/as, do que vos gustaría estar facendo...

O correo da profe Alicia é o seguinte: aliciareycuba@gmail.com. A el podedes mandarlle os vosos traballiños 😊

luns, 8 de xuño de 2020

EN MARCHA O RETO 8 DE XUÑO DE 2020

Aquí están os nosos peques traballa que traballa co reto matemático 😀 mirade que ben o fan!!👏👏

Hugo G.











Gael













Lucía






























Alejandro





Dani B.



Dani A.











Xoán



























Nagore



Betzabeth


Velaquí tedes a receita dos panqueques que Betza quere compartir connosco. Moitísimas grazas 💓 alguén se anima a facela?

RETO 8 DE XUÑO DE 2020

Bo comezo de semana peques!! Que tal estades? Descansastes moito estes dous días? Seguro que si, así que imos comezar a traballar un pouquiño, vale? 😊

Hoxe o reto é moi matemático, así que imos comezar cunha canción sobre os números.




E agora a traballar 💪💪 Velaquí tedes as tarefas de hoxe, diferentes para 3 aniños, 4 e 5.

TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS. A vosa tarefa é a seguinte:

Collede 5 tapóns e numerádeos do 1 ao 5 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Xogade a colocalos en orde numérica.


Agora podedes escribir estes números nun folio.


TAREFAS PARA OS NENOS E NENAS DE 4 E 5 ANOS. No voso caso, tedes dúas tarefas.

A RECTA NUMÉRICA 
Tedes que coller 9 tapóns e numeralos do 1 ao 9 (se non tedes tantos tapóns podedes facer o mesmo con anaquiños de folio). Con eles ides facer dúas cousiñas:
  • Primeiro colocarédelos en orde numérica.
  • Despois, alguén da familia quitará dúas tapas e vós tedes que adiviñar que números faltan. Repetide isto varias veces con números distintos.



DOMINÓ
Se tedes un dominó na casa, collede algunhas pezas que imos facer pequenas sumas. Se non tedes dominó non vos preocupedes, podedes facer algunhas fichas en cartón ou folio pois soamente as usaremos para que os nenos e nenas vexan representadas as cantidades que teñen que sumar. Facede varias sumas con diferentes números.



Moito ánimo!!! 💪

sábado, 6 de xuño de 2020

PARABÉNS EBER

Hoxe, 6 de xuño, está de aniversario o noso compañeiro Eber. Parabéns amigo!! 🎁🎈 Agardamos que teñas un bo día 😀😍👏 Mandámosche moitos biquiños 😘😘😘 e tiróns de orellas 👂👂