Coma todos os anos a chegada do outono parécenos fascinante e gústanos moito saír a comtemplar as consecuencias do seu paso, ata adoptamos a dous caracois aos que lle chamamos Bruno e Lucas, días despois de estar connosco na clase decidimos deixalos no campo do colexio para que gozasen da súa liberdade.
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
sábado, 24 de outubro de 2020
BENVIDA PAULA!!!
REVISTARTE
ESTE MES VAI DE ANIVERSARIOS!!!
Neste mes festexamos os aniversarios de Alejandro, Aitana e de Lucía, que xa cumpliron 5 anos!! Parabéns!!! Mirade que ben o pasamos!!🎂🎁👑🎈
venres, 23 de outubro de 2020
CHEGOU O OUTONO Á AULA DE 3 ANOS
Na aula de 3 aniños estamos aprendendo un montón de cousiñas sobre o outono 🎃🐌🌰🍁🍂🍄 Queredes ver algunhas das cousiñas que estamos a facer?? Mirade mirade 👀
Seguimos traballando e aprendendo. Pronto vos ensinaremos máis cousiñas 😊
martes, 22 de setembro de 2020
PROGRAMA DE ACOLLIDA E PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DO COVID-19
Boa tarde a todos e a todas!! 🙋Vén de publicarse na páxina web do noso colexio (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipxesussanluis/node/439) o Programa de Acollida e o Plan de Adaptación á situación do COVID-19. Velaquí volos deixamos para que poidades botarlle unha ollada 👀 Quedan anclados na marxe dereita para que poidades acceder a eles con maior facilidade en vindeiras ocasións.
PROGRAMA DE ACOLLIDA
PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN DO COVID-19
venres, 4 de setembro de 2020
BENVIDAS E BENVIDOS AO CURSO 2020/2021
Queridas familias das nosas nenas
e nenos!! Estamos a piques de comezar o curso 2020/2021, concretamente
poderemos vernos esta semana do seguinte xeito:
- Xoves 10 de setembro: comezará o alumnado de 4.º e 5.º de Educación Infantil (3 e 4 anos)
- Venres 11 de setembro: comezará o alumnado de 6.º de Educación Infantil (5 anos)
Para estes dous días o horario
non será o habitual pero todo isto explicarémosvolo para a próxima semana pois as
titoras citarémosvos para unha reunión.
Gustaríanos mandarvos unha
mensaxe de tranquilidade pois estamos traballando para gardar todas as medidas
de seguridade posibles: desinfección, distancia... Contarémosvolo o día da reunión con máis detalle.
Ata a próxima semana!
