sábado, 24 de outubro de 2020

UN COMPAÑEIRO MOI CURIOSO!!

O outro día Alberto, achegounos á clase un paquete moi estraño que viña ao noso nome!! Quedamos abraiados e abraiadas ante semellante acontecemento!! Paula atreveuse a abrir a caixa e ... adiviñades o que viña dentro?? Un morcego chamado Aurelio!!!

 Dentro da caixa viña unha carta explicando quen era e porque quería coñecernos. Aurelio está moi preocupado porque despois da pandemia todos culparon aos morcegos da enfermidade e el confesa que agora ten medo de que o vexan e lle poidan facer dano; por iso agora se agocha nas torres máis altas e desde alí vixía o que acontece nas distintas vilas e cidades. Ademais confesa que se alimenta de vogais e de palabras e pídenos axuda para poder alimentarse. Na caixa tamén trae consigo un conto no que el é protagonista e un papiro no que aparece o seu idioma segredo.

Dentro da caixa tamén trouxo un pasaporte para cada un de nós por se o queremos acompañar na súa viaxe de torre en torre e deixou unha caixa de correo para deixarnos mensaxes e cartas!!!




UN ARCO MOI ESPECIAL!

Un símbolo moi repetido durante o confinamento foi o do arco da vella xunto coas palabras "todo vai saír ben", pois ben, dende que comezou o curso foron varias as veces que a natureza nos agasallou coa súa presenza cerca do colexio e nós non quixemos perder a oportunidade de comtemplar a beleza deste fenómeno e ter presente as verbas de que "todo vai saír ben". 




CARACOL CARACOLEIRO

 Coma todos os anos a chegada do outono parécenos fascinante e gústanos moito saír a comtemplar as consecuencias do seu paso, ata adoptamos a dous caracois aos que lle chamamos Bruno e Lucas, días despois de estar connosco na clase decidimos deixalos no campo do colexio para que gozasen da súa liberdade.


BENVIDA PAULA!!!

Desde finais de Setembro temos a gran sorte de contar cunha profe nova que se chama Paula!! Con ela compartimos moitas vivencias e pasámolo xenial!! Graciñas profe Paula



REVISTARTE

Ultimamente gústanos moito facer arte con fotos de revistas, eliximos as fotos que máis nos gustan e deixamos voar a imaxinación e a creatividade!!







ESTE MES VAI DE ANIVERSARIOS!!!

Neste mes  festexamos os aniversarios de Alejandro, Aitana e de Lucía, que xa cumpliron 5 anos!! Parabéns!!! Mirade que ben o pasamos!!🎂🎁👑🎈




venres, 23 de outubro de 2020

CHEGOU O OUTONO Á AULA DE 3 ANOS

Na aula de 3 aniños estamos aprendendo un montón de cousiñas sobre o outono 🎃🐌🌰🍁🍂🍄 Queredes ver algunhas das cousiñas que estamos a facer?? Mirade mirade 👀

Seguimos traballando e aprendendo. Pronto vos ensinaremos máis cousiñas 😊