Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
venres, 30 de outubro de 2020
BOTANDO MEDOS FÓRA!!!
UN SAMAÍN DIFERENTE!!!
O ANIVERSARIO DE YARA!!
PARABÉNS ROLLER!!
Hoxe o noso amiguiño Roller está de cumple!!! 🍰🎈 Xa ten 3 aniños, que maior!!! 💓 E como non, unha ocasión tan especial non podía pasar desapercibida na clase, así que fixemos un festexo todos xuntos. Mirade que ben o pasamos 😀😀
Agardamos que o pasases moi ben!! 💓Feliz cumple💓 Querémoste moito!!
domingo, 25 de outubro de 2020
Búscase a Aurelio!!!
Aurelio desapareceu!! Buscámolo por toda a clase, polo patio, polos corredores... pero nada, non aparece por ningún sitio😓😢 Como estabamos tan preocupad@s decidimos facer uns carteis de "Búscase Aurelio" e repartímolos polo cole por se alguén o vira 👀
sábado, 24 de outubro de 2020
UN COMPAÑEIRO MOI CURIOSO!!
O outro día Alberto, achegounos á clase un paquete moi estraño que viña ao noso nome!! Quedamos abraiados e abraiadas ante semellante acontecemento!! Paula atreveuse a abrir a caixa e ... adiviñades o que viña dentro?? Un morcego chamado Aurelio!!!
Dentro da caixa viña unha carta explicando quen era e porque quería coñecernos. Aurelio está moi preocupado porque despois da pandemia todos culparon aos morcegos da enfermidade e el confesa que agora ten medo de que o vexan e lle poidan facer dano; por iso agora se agocha nas torres máis altas e desde alí vixía o que acontece nas distintas vilas e cidades. Ademais confesa que se alimenta de vogais e de palabras e pídenos axuda para poder alimentarse. Na caixa tamén trae consigo un conto no que el é protagonista e un papiro no que aparece o seu idioma segredo.
Dentro da caixa tamén trouxo un pasaporte para
cada un de nós por se o queremos acompañar na súa viaxe de torre en torre e
deixou unha caixa de correo para deixarnos mensaxes e cartas!!!
UN ARCO MOI ESPECIAL!
Un símbolo moi repetido durante o confinamento foi o do arco da vella xunto coas palabras "todo vai saír ben", pois ben, dende que comezou o curso foron varias as veces que a natureza nos agasallou coa súa presenza cerca do colexio e nós non quixemos perder a oportunidade de comtemplar a beleza deste fenómeno e ter presente as verbas de que "todo vai saír ben".