domingo, 24 de xaneiro de 2021

UNHA NOVA VIAXE!!

 Nestas últimas semanas, na aula de 6º de Educación Infantil, tivemos unhas cantas sorpresas. Un día antes de marchar Paula, recibimos unha carta dos nosos preciados morcegos Aurelio e Annie, nela invitábasenos a participar nunha xincana para que descubriramos cal ía ser o seu novo destino. As pistas que nos deixaron leváronnos ata a biblioteca, á clase e ao corredor de infantil, queredes ver como transcorreu todo? Pois prestade atención👀👂

Unha vez que os nosos morcegos souberon que descubrimos cal foi o seu novo destino formuláronnos dúas preguntas que respostamos para enviarllas por correo electrónico:

QUE SABEDES DE MARROCOS?

Non hai auga, hai casas vellas e area.

-     Hai area. 

-       Hai escolas e encargados.

-     Hai castelos. 

-     Hai motos, carreteras e autobuses. 

-     Hai libros.  

-     Fai moita calor.

-     Hai camelos.

-     Fai calor nas praias. 

-     Hai unha estatua.  

       QUE QUEREDES SABER DE MARROCOS?

      Se hai profes?

-    Se hai piscinas?  

-    Se aprenden letras? 

-    Hai auga? 

-    Haberá carreteras ou pistas?

     Haberá auroras boreais?  

-    Está moi lonxe de españa?

-    Falan o noso idioma? 

-    Pórtanse mal?  

     Haberá tendas? 

    Que se comerá alí?, como se vestirán?

domingo, 17 de xaneiro de 2021

DEBUXOS PARA PAULA!!

 Nós tamén quixemos agasallar a Paula co que mellor sabemos facer: debuxar!! Porque o facemos con todo o noso amor e de corazón, mirade canto nos esforzamos!!💓💋














E para levar os nosos debuxos puxémoslle de portada unha imaxe na que se vían as fotos das nosas mans. Cada un de nós agasallouna cunha estreliña para que a guíe no seu novo camiño e se  ten algún momento difícil se acorde de nós e lle de moita forza e ánimo☆☆☆☆☆☆





GRAZAS PROFE PAULA!!!

O  venres 15 de Xaneiro foi un día moi emotivo, a nosa profe Paula tivo que marchar porque ten que continuar os seus estudios na Universidade.
 Ese día estabamos tod@s moi nervios@s e un pouco tristes porque as despedidas fan que nos sintamos así😌 
Acompañounos desde finais do mes de Setembro ata agora e xunt@s compartimos momentos inesquecibles e moi especiais!!! Xunto a ela aprendemos un montón de cousas e ata estabamos aprendendo a falar en francés!!!

Grazas profe Paula por ensinarnos desde o corazón, por facer voar a nosa imaxinación e por deixar a túa pegada nas nosas vidas, nunca te esqueceremos!!!💓💓
Que teñas moita sorte na túa nova andaina e vén a visitarnos cando poidas!!!


Traballando con Beebot

Nesta semana traballamos con unha abelliña chamada Beebot. Gustounos tanto que pronto queremos repetir. Ollade que ben o pasamos!!!!

luns, 11 de xaneiro de 2021

Dylan cumple 5 anos

Hoxe o noso amigo Dylan estivo de aniversario, inauguramos ano novo e con el empezamos poñendo a candea do número 5. Canto medramos!! Así que a cantar o cumpreanos felíz e....festa rachada!!!!! Parabéns Dylan!!!

venres, 8 de xaneiro de 2021

SORPRESA DE NADAL

Hoxe, cando chegamos ao colexio, misteriosamente as portas das aulas de Educación Infantil estaban pechadas e as luces apagadas. Pareceunos que ás profes se lles pegaran as sábanas despois destas vacacións 🙊

Cando quitamos as chaquetas, bufandas, gorros e demais roupa que nos abrigaba nunha mañá tan fresca, puxemos as zapatillas. Xa listos/as e preparados/as para comezar con enerxía este 2.º trimestre, entramos as áulas. Cal foi a nosa sorpresa que, en cada unha delas, había agasallos!!!! Que emoción!!! Quen os deixaría alí? Eran para nós? Pois si!! 😀😊

Como vedes, tiñamos agardando por nós 3 regaliños, que grata sorpresa!! 🎁:

  • Unha placa para xogar coas pezas LEGO.
  • Un xogo de números.
  • Un dominó de animais.

Estamos desexando que chegue o luns para ensinarlles os agasallos aos compañeiros e compañeiras que hoxe non viñeron e poder xogar con eles!!

Boa fin de semana a todos/as e que teñamos un bo trimestre 😘😘

DÍA DE CELEBRACIÓN!!

Hoxe foi un día cheo de emoción:  o reencontro cos compañeir@s despois das vacacións de Nadal, a aparición de agasallos sorpresa na aula🎁🎁 e a celebración de dous aniversarios: o de Ana,que xa cumplira os 6 anos o día 1 de Xaneiro e o de Gael que foi xustamente hoxe!!! 👏👏Pasámolo moi ben axudándolle a decorar as coroas, poñendo o mantel, cantándolle cancións, degustando a nosa merendola e despois tivemos festa rachada bailando un montón.🎵🎈💃