Este sábado, o noso amiguiño Haron estivo de aniversario e non podiamos deixar pasar a ocasión sen facer unha boa festa rachada, así que hoxe tocou celebrar 🎈🎁 Agardamos que gozases moito da túa festiña!! Felices 4 aniños Haron!!! 💓
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
luns, 1 de febreiro de 2021
domingo, 31 de xaneiro de 2021
SEMANA DA PAZ NA AULA DE 3 ANOS
Bo día familias!! Sabiades que dende o luns 25 de xaneiro ata o venres 29 estivemos a facer actividades para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e a Paz? A cousa foi que, un día, Fidalgo (a mascota da biblioteca) enviounos unha caixa, unha mensaxe e mooooitos retos para descifrar!! Queredes ver que ben o fixemos?? Mirade mirade 👀
Con todo isto aprendemos que a paz non é só un día, senón que debemos tela presente todos os días do ano. Non podemos pegar, nin empurrar, nin decir palabras feas... pois, como dixo John Lennon, "a paz non é algo que desexas. A paz é algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".
Día da Paz
Un paseo con Beebot polos nosos nomes
xoves, 28 de xaneiro de 2021
CONEXIÓN COA TVG
Sabiades que onte o noso colexio salíu na TVG?? Pois sii, o alumnado de 6.º de Educación Infantil e dúas mestras fomos convidadas/os a participar no programa "Quen anda aí?" para falar do premio acadado no concurso "Nós tamén creamos!".
Queredes ver a nosa aparición na tele? Deixámosvos un vídeo.
Que ilusión nos fixo vernos na tele e falar con Roberto, Rodrigo e Inma 👏👏 Saír na tele xa foi para nós un gran premio!!!
Dende aquí queremos agradecervos ás familias a vosa implicación e que achegarades a todos os nenos e nenas ao colexio pola tarde para poder facer a conexión coa TVG. Millóns de grazas!! 😍
martes, 26 de xaneiro de 2021
RECIBIMOS UN PREMIO
Hoxe estamos moi ledos pois vimos de ser premiados no concurso "Nós tamén creamos!" na categoría 1 coa curtametraxe titulada "Mariluz avestruz" 👏👏
Velaquí vos deixamos a CURTAMETRAXE:
Aquí tedes o making off para saber COMO O FIXEMOS:
Tamén podedes ver a nosa curtametraxe na páxina da CRTVG:http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2020
Agora deixámosvos unhas ligazóns onde se fala do premio que recibimos 🎁
- Resolución do concurso no Portal da Lingua Galega:
- Resolución do concurso no Portal educativo da Xunta:
- Nova no xornal La Voz de Galicia:
Moitos parabéns peques!! Todo esforzo ten a súa recompensa 😍😍