luns, 1 de febreiro de 2021

HARON CUMPLE 4

Este sábado, o noso amiguiño Haron estivo de aniversario e non podiamos deixar pasar a ocasión sen facer unha boa festa rachada, así que hoxe tocou celebrar 🎈🎁 Agardamos que gozases moito da túa festiña!! Felices 4 aniños Haron!!! 💓

domingo, 31 de xaneiro de 2021

SEMANA DA PAZ NA AULA DE 3 ANOS

Bo día familias!! Sabiades que dende o luns 25 de xaneiro ata o venres 29 estivemos a facer actividades para conmemorar o Día Escolar da non Violencia e a Paz? A cousa foi que, un día, Fidalgo (a mascota da biblioteca) enviounos unha caixa, unha mensaxe e mooooitos retos para descifrar!! Queredes ver que ben o fixemos?? Mirade mirade 👀

Con todo isto aprendemos que a paz non é só un día, senón que debemos tela presente todos os días do ano. Non podemos pegar, nin empurrar, nin decir palabras feas... pois, como dixo John Lennon, "a paz non é algo que desexas. A paz é algo que creas, algo que fas, algo que es e algo que regalas".

Día da Paz

Ao longo desta semana estivemos facendo diversas actividades relacionadas co día da non violencia escolar e a paz. Aquí vos deixamos un pequeno retal dunhadelas que fixemos coa axuda da profe Chefa. Tatuamos as nosas mans con un grito moi forte á PAZ E NON Á VIOLENCIA. Grazas profe Chefa!!!

Un paseo con Beebot polos nosos nomes

Unha xornada máis o noso amigo Beebot visitou a nosa aula para xogar con el. Estabámolo desexando. Desta vez, presentámonos a Beebot conducíndoo ata o noso nome. Pasámolo xenial.

xoves, 28 de xaneiro de 2021

CONEXIÓN COA TVG

Sabiades que onte o noso colexio salíu na TVG?? Pois sii, o alumnado de 6.º de Educación Infantil e dúas mestras fomos convidadas/os a participar no programa "Quen anda aí?" para falar do premio acadado no concurso "Nós tamén creamos!".

Queredes ver a nosa aparición na tele? Deixámosvos un vídeo.

Que ilusión nos fixo vernos na tele e falar con Roberto, Rodrigo e Inma 👏👏 Saír na tele xa foi para nós un gran premio!!!

Dende aquí queremos agradecervos ás familias a vosa implicación e que achegarades a todos os nenos e nenas ao colexio pola tarde para poder facer a conexión coa TVG. Millóns de grazas!! 😍

martes, 26 de xaneiro de 2021

RECIBIMOS UN PREMIO

Hoxe estamos moi ledos pois vimos de ser premiados no concurso "Nós tamén creamos!" na categoría 1 coa curtametraxe titulada "Mariluz avestruz"  👏👏

Velaquí vos deixamos a CURTAMETRAXE:

Aquí tedes o making off para saber COMO O FIXEMOS:

Tamén podedes ver a nosa curtametraxe na páxina da CRTVG:

http://www.crtvg.es/infantil/programas/nos-tamen-creamos-2020


Agora deixámosvos unhas ligazóns onde se fala do premio que recibimos 🎁

  • Resolución do concurso no Portal da Lingua Galega:
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Premios/convocatoria_0116/resolucion-dos-premios-nos-tamen-creamos-curtas-animacion-galego-2019-2020
  • Resolución do concurso no Portal educativo da Xunta:
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/33045
  • Nova no xornal La Voz de Galicia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2021/01/27/dous-colexios-bergantinans-ganan-os-premios-nos-tamen-creamos/0003_202101C27C6991.htm

Moitos parabéns peques!! Todo esforzo ten a súa recompensa 😍😍

domingo, 24 de xaneiro de 2021

UNHA MESA NOVA!

A semana pasada tivemos que unir esforzos para poder montar unha mesa para o recanto da cociña xa que a que tiñamos rompeulle unha pata. Vimos o importante que é ler as instrucións e de seguir por orde os pasos que se indican nelas. Aprendemos a diferenza entre parafuso, porqueta, arandela... e o nome dalgunhas ferramentas: desaparafusador en forma de estrela ou plano, chave inglesa...