Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
sábado, 3 de abril de 2021
Princesa visita á veterinaria Lina
Aprendendo con Princesa
martes, 30 de marzo de 2021
SEMANA EMOCIONANTE NA AULA DE 3 ANOS
Esta semana Fidalgo, a mascota da biblioteca, propúxonos desenvolver unha Semana Emocionante. Cada día, debiamos escanear un código QR para coñecer o reto e levalo a cabo. Cheos de ilusión e entusiasmo, puxémonos mans á obra!!
Queredes ver que ben o pasamos? 👀
Se picades na seguinte ligazón, podedes ver o vídeo que fixo Fidalgo para o blog da biblioteca, onde tamén aparecemos nós: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/rematamos-semana-emocionante.html
Boas vacacións!! Coidádevos moito.
DÍA DA POESÍA NA AULA DE 3 ANOS
O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e, dende a biblioteca, propúxosenos facer un vídeo dun poema de Xela Arias. Sabedes quen é? É a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.
Velaquí tedes a nosa aportación 😍
Tamén podedes ver o noso vídeo e os dos demais compañeiros e compañeiras no blog da nosa biblioteca:
http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/recital-de-poemas-de-xela-arias.html
martes, 23 de marzo de 2021
HUGO CUMPLE 4
Hoxe, na aula de 4.º de Educación Infantil estamos de celebración. O noso compañeiro Hugo está de aniversario, xa ten 4 aniños!! Moitos parabéns Hugo 🎈🎉🎁 Agardamos que o pasases ben na festiña do cole con todos/as nós 💓
💓 Querémoste moito 💓
domingo, 21 de marzo de 2021
POR MARROCOS
Moitas foron as experiencias que vivimos ao longo destas últimas semanas no referido á viaxe dos nosos amigos Annie e Aurelio a Marrocos!! Estivemos tan atarefad@s buscando información e investigando sobre as terras marroquís que non tivemos tempo de compartilo con tod@s vós, agora mesmiño vos facemos un resumo de todo.
Primeiro dicirvos que Annie e Aurelio
enviáronnos un correo electrónico detallándonos como fixeran a súa viaxe desde
A Coruña ata Marrocos, primeiro
atravesaron toda España en coche ata chegar a Alxeciras e alí tiveron que
coller o Ferri ata Tánxer para despois seguir o camiño ata Marrocos. Como foron
en coche nós tamén quixemos aprender a conducir, tivemos que aprender o
significado das sinais de tráfico e fixémos unhas prácticas de condución para conseguir
o carné de conducir.
Outro día invitáronnos a xogar buscando pistas pola clase, sabedes quen deixou un montón de libros informativos de Marrocos agochados pola clase?? O noso amigo Fidalgo que tamén é moi bo amigo de Aurelio e Annie.
Con Aurelio e Annie tamén coñecemos cidadades
como Casablanca e Marrakesh.
Aurelio e Annie comunícannos que lle gusta
moito mercar nos mercados de marrocos que reciben o nome de zocos, quixemos
buscar información sobre os produtos que se vendían nos zocos: alfombras, coiro
e zapatos, doces, especias... E precisamente con especias estivemos
experimentando na clase, tiñamos cúrcuma, especias orixinarias de marrocos,
pimentón, pementa... encantounos ulilas e despois mesturalas con auga para
pintar con elas, desfrutamos un montón!!
Esta semana escoitamos o CD do libro que nos deixou
Fidalgo na clase e quixemos pintar ao son da música marroquí, estivemos moi
concentrad@s e plasmamos no papel as sensacións que nos transmitiu a música de
orixe marroquí.
martes, 2 de marzo de 2021
SOLICITUDE DE ADMISIÓN CURSO 2021/2022
Estimadas familias.
Dende o día 1 ao 22 de marzo está aberto o prazo de admisión para o curso 2021/2022 para aquel alumnado que queira incorporarse ao centro.
Queredes coñecer un pouquiño máis de nós? Velaquí tedes un vídeo 😊
Agardámosvos!!
