venres, 9 de abril de 2021

FACEMOS PULSEIRAS

As nenas e nenos de 3 anos seguimos traballando para aprender os nosos nomes e, desta volta, fixémolo dunha forma mooooi especial 😍 Identificamos as letras dos nosos nomes en diferentes pezas e fixemos pulseiras 😊😊Tamén aproveitamos para pensar palabras e nomes dos amiguiños/as que comezan por cada unha delas.

Que ilusión levar as pulseiras para a casa e que as vexan as nosas familias!!! 😀😀

sábado, 3 de abril de 2021

Princesa visita á veterinaria Lina

Princesa foi á súa primeira revisión. Explicámoslle que para estar sans e fortes había que ir ao veterinario. Todos nós imos ao médico e de vez en cando teñen que poñernos algunha vacina, ningún de nós chorou cando nos pincharon e o mellor de todo e que despois do pinchazo danche un agasallo. Princesa estaba moi nerviosa, pero ao saber que despois da pincha tería un agasallo xa estaba desexando que chegara o día. Así que mans á obra e ter todo a punto para o esperado día. Preparar transportín para poder viaxar ata a clínica, como lle gustou a Princesa, deu tal ladrido que debeu oirse en todo o colexio. Ademais,todos temos a nosa cartilla de vacinas, así que a Princesa tivemos que facerlle a súa cos deus datos persoais e co nome das vacinas para que Lina vai marcando según lle vaia administrando. Desta vez tocoulle a primovacunación, polivalente e antirábica. Ao rematar Lina deulle unha chuche polo ben que se portou. Que valente a nosa Princesa!!!. Estamos orgullosos de ti.

Aprendendo con Princesa

Acordádesvos de Princesa? Sí a nosa cadeliña!!!!. Sabedes o que estivemos a facer nas xornadas antes das vacacións???. Ollade, e veredes. O primeiro que fixemos foi un cocho para Princesa, e ben que lle gustou. Levounos unhas cantas xornadas o deseño, proxecto e execución da obra pero mereceu a pena. Princesa quedou satisfeita, non daba creto a ter unha casiña para ela soa despois de vagabundear todo este tempo pola rúa. E máis cousas estiemos a facer.... Ensínámoslle as partes do seu corpo, e ben que as aprendeu, fixémoslle un mural para que se ten algunha dúbida nalgún momento poida telo a man. Tamén lle ensinamos que ela é da raza Bull Dog, e que hai moitas outras razas de cans. Para que lle fora máis sinxelo fixémos un memory que a Princesa lle serveu de moito, agora co pequena que é xa coñece todas as razas de cans que hai. Tamén aprendeu que os cans son familia do lobo ao que ela lle ten tanta tirria por perseguila, ao mellor tanto quería xogar con ela pero Princesa gañou tanto medo que o primeiro que lle veu á mente era correr e agocharse nalgures, ela descoñecía tal información.

martes, 30 de marzo de 2021

SEMANA EMOCIONANTE NA AULA DE 3 ANOS

Esta semana Fidalgo, a mascota da biblioteca, propúxonos desenvolver unha Semana Emocionante. Cada día, debiamos escanear un código QR para coñecer o reto e levalo a cabo. Cheos de ilusión e entusiasmo, puxémonos mans á obra!!

Queredes ver que ben o pasamos? 👀

Se picades na seguinte ligazón, podedes ver o vídeo que fixo Fidalgo para o blog da biblioteca, onde tamén aparecemos nós: http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/rematamos-semana-emocionante.html


Boas vacacións!! Coidádevos moito.

DÍA DA POESÍA NA AULA DE 3 ANOS

O 21 de marzo celebrouse o Día da Poesía e, dende a biblioteca, propúxosenos facer un vídeo dun poema de Xela Arias. Sabedes quen é? É a persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Velaquí tedes a nosa aportación 😍


Tamén podedes ver o noso vídeo e os dos demais compañeiros e compañeiras no blog da nosa biblioteca:

http://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/03/recital-de-poemas-de-xela-arias.html

martes, 23 de marzo de 2021

HUGO CUMPLE 4

Hoxe, na aula de 4.º de Educación Infantil estamos de celebración. O noso compañeiro Hugo está de aniversario, xa ten 4 aniños!! Moitos parabéns Hugo 🎈🎉🎁 Agardamos que o pasases ben na festiña do cole con todos/as nós 💓

💓 Querémoste moito 💓

domingo, 21 de marzo de 2021

POR MARROCOS

Moitas foron as experiencias que vivimos ao longo destas últimas semanas no referido á viaxe dos nosos amigos Annie e Aurelio a Marrocos!! Estivemos tan atarefad@s buscando información e investigando sobre as terras marroquís que non tivemos tempo de compartilo con tod@s vós, agora mesmiño vos facemos un resumo de todo.

Primeiro dicirvos que Annie e Aurelio enviáronnos un correo electrónico detallándonos como fixeran a súa viaxe desde A Coruña ata Marrocos,  primeiro atravesaron toda España en coche ata chegar a Alxeciras e alí tiveron que coller o Ferri ata Tánxer para despois seguir o camiño ata Marrocos. Como foron en coche nós tamén quixemos aprender a conducir, tivemos que aprender o significado das sinais de tráfico e fixémos unhas prácticas de condución para conseguir  o carné de conducir.

Outro día invitáronnos a xogar buscando pistas pola clase, sabedes quen deixou un montón de libros informativos de Marrocos agochados pola clase?? O noso amigo Fidalgo que tamén é moi bo amigo de Aurelio e Annie.







Unha vez que chegamos a Alxeciras collemos o Ferri e puxéronnos un novo selo no noso pasaporte: Marrocos. Aurelio e Annie escribíronnos desde a capital de Marrocos que é Rabat e alí coñecemos monumentos tan importantes como a torre Hassan, o Mausoleo de Mohamed V e Kasbah de Oudayas. Gustounos moito a torre Hassan, buscamos información sobre ela e o que máis nos chamou a atención foi o que medía, nin máis nin menos que 44 metros de altura, pero canto eran 44 metros? Pois quixemos saber como era o número 44 e despois experimentar coa medida de 44 metros.


Con Aurelio e Annie tamén coñecemos cidadades como Casablanca e Marrakesh.






Aurelio e Annie comunícannos que lle gusta moito mercar nos mercados de marrocos que reciben o nome de zocos, quixemos buscar información sobre os produtos que se vendían nos zocos: alfombras, coiro e zapatos, doces, especias... E precisamente con especias estivemos experimentando na clase, tiñamos cúrcuma, especias orixinarias de marrocos, pimentón, pementa... encantounos ulilas e despois mesturalas con auga para pintar con elas, desfrutamos un montón!!

Esta semana escoitamos o CD do libro que nos deixou Fidalgo na clase e quixemos pintar ao son da música marroquí, estivemos moi concentrad@s e plasmamos no papel as sensacións que nos transmitiu a música de orixe marroquí.

Agora podedes ver as imaxes de todo o que fixemos neste vídeo agardamos que o gocedes un montón, nós seguiremos buscando máis información sobre este país tan espectacular.