mércores, 21 de abril de 2021

Libro. "OS CANS".

Despois de aprender tantas cousas dos cans fixemos un pequeno libro con diferente información ( partes do corpo, razas, como se chamaba a primeira cadeliña que viaxou ao espazo ,a nave espacial na que viaxou....). Convidámosvos a que lle botedes unha ollada. Agardamos que vos guste.

A EIRUGUIÑA COMELLONA

Fai uns días, cando as nenas e nenos de 3 aniños chegamos á aula pola mañá, atopámonos cunha sorpresa. Un recuncho novo!! Pero non era un recuncho calquera, senón un recuncho moi especial con moitos materiais para traballar co conto A eiruguiña comellona de Eric Carle.

Nel contamos con materiais que nos gustan moito:

  • Contos e libros informativos sobre froitas e árbores.
  • Un peluche da eiruguiña.
  • Materiais de grafomotricidade.
  • Quebracabezas.
  • Un hotel de insectos.
  • Lupas.
Dado que imos traballar sobre isto, na aula temos vermes de seda🐛 Que ilusionados/as nos teñen!! Cada día, o encargado ou encargada, unha vez rematamos a asemblea, responsabilízase de darlles de comer follas de moreira, o seu único alimento. Mirade que ben os coidamos que medran moito!!

A diario aproveitamos para traballar conceptos como grande/pequeno a través do tamaño dos vermes, contamos o número de follas que lles damos de comer, cantos vermes temos e moitas máis cousas.

A verdede é que o conto da eiruguiña estanos a gustar moito moito, incluso xa sabemos algúns anaquiños de memoria!! É por isto que decidimos facer un mural da eiruguiña para coñecer as diferentes partes do seu corpo. Queredes ver que artistas estamos feitos/as? Mirade mirade 👀 ademais veredes que xa coñecemos moitas letras 😀

sábado, 17 de abril de 2021

ESCRIBIMOS NAS VENTÁS

Na aula de 3 aniños seguimos traballando sobre o noso nome e, desta vez, fixémolo dunha forma diferente que nos gustou moito. Sabedes cal é? Escribimos nas ventás con rotuladores especiais!! Con estes rotus podemos escribir e borrar cun anaquiño de papel, así de sinxelo.

mércores, 14 de abril de 2021

ANIVERSARIO DO NOSO AMIGO HUGO H.!!!

O Domingo 11 de Abril o noso amigo Hugo H. cumpliu xa 6 anos polo que o luns quixémolo celebrar cunha gran festa na clase. Neste vídeo podedes comprobar o que gozamos na festa de aniversario!! Parabéns amiguiño!!!🎈🍰🎉

luns, 12 de abril de 2021

ANIVERSARIO DA NOSA AMIGA DOUAE!

 O pasado 28 de Marzo a nosa compañeira Douae estivo de aniverasrio, xa cumpliu 6 anos!!! e quixemos celebralo cunha festa rachada, axudámoslle a decorar a coroa, tivemos merendola festeira, fixémoslle un debuxiño e bailamos un  montón.... Parabéns amiguiña!!!🎉🎈🍰

venres, 9 de abril de 2021

ESTAMOS DE PARABÉNS

 🏆O noso centro está de parabéns🏆

Vimos de ser premiados/as na categoría A (Educación Infantil) do VII Premio Concepción Arenal a Proxectos Educativos pola Igualdade de Xénero da Deputación de A Coruña 👏👏 O noso traballo titúlase "Baixo a mesma carpa de crochet".

FACEMOS PULSEIRAS

As nenas e nenos de 3 anos seguimos traballando para aprender os nosos nomes e, desta volta, fixémolo dunha forma mooooi especial 😍 Identificamos as letras dos nosos nomes en diferentes pezas e fixemos pulseiras 😊😊Tamén aproveitamos para pensar palabras e nomes dos amiguiños/as que comezan por cada unha delas.

Que ilusión levar as pulseiras para a casa e que as vexan as nosas familias!!! 😀😀