Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
domingo, 2 de maio de 2021
Carlos cumple 5 anos
APRENDENDO NO HORTO!!!
Fai uns días, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, gozamos un montón cultivando plantas no noso horto, primeiro estivemos estudiando as características dos produtos e das plantas que íamos cultivar, despois fomos ao horto preparar a terra e posteriormente plantamos: pementos morróns, pementos de padrón, cenorias, alloporros, amorodos, leitugas e unha planta aromática que se emprega moito en Marrocos para facer té: menta!!!
Encantounos esta actividade e estamos desexando volver a coidar das nosas plantas e ver como medraron, xa vos iremos poñendo ao día de todo, aquí podedes ver como foi todo o proceso, agardamos que vos guste!!😊
Despois de cultivar no horto quixemos sacar o nos lado máis artístico na clase, primeiro analizamos bodegóns de distintos pintores e despois cada un de nós quixo facer o seu propio bodegón empregando a súa creatividade e orixinalidade. Queredes ver como quedaron? 👀Pois velaí vai unha pequena mostra!!!
xoves, 29 de abril de 2021
23 ABRIL... QUE NON MORRA O CONTO!!!
Na semana do 19 ao 23 de Abril os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil estivemos moi atarefad@s coa celebración do Día Internacional do Libro facendo algunhas das actividades que nos encomendou o noso pequeno trasno: baixamos ao patio durante o recreo a ler libros, participamos nun taller de marcapáxinas que tivo lugar na Biblioteca do cole, gravamos vídeos dicindo cales eran os nosos libros favoritos... e finalmente quixemos compartir a lectura dun conto que nos gustou moito: "Teresa la princesa". Agardamos que gocedes das nosas pequenas aportacións a un día tan especial😊📗
COMO FOI A SEMANA DO LIBRO NA AULA DE 3 ANOS?
domingo, 25 de abril de 2021
Plantando flores
mércores, 21 de abril de 2021
Libro. "OS CANS".
A EIRUGUIÑA COMELLONA
Fai uns días, cando as nenas e nenos de 3 aniños chegamos á aula pola mañá, atopámonos cunha sorpresa. Un recuncho novo!! Pero non era un recuncho calquera, senón un recuncho moi especial con moitos materiais para traballar co conto A eiruguiña comellona de Eric Carle.
Nel contamos con materiais que nos gustan moito:
- Contos e libros informativos sobre froitas e árbores.
- Un peluche da eiruguiña.
- Materiais de grafomotricidade.
- Quebracabezas.
- Un hotel de insectos.
- Lupas.
A diario aproveitamos para traballar conceptos como grande/pequeno a través do tamaño dos vermes, contamos o número de follas que lles damos de comer, cantos vermes temos e moitas máis cousas.
A verdede é que o conto da eiruguiña estanos a gustar moito moito, incluso xa sabemos algúns anaquiños de memoria!! É por isto que decidimos facer un mural da eiruguiña para coñecer as diferentes partes do seu corpo. Queredes ver que artistas estamos feitos/as? Mirade mirade 👀 ademais veredes que xa coñecemos moitas letras 😀

