mércores, 19 de maio de 2021

DE NOVO NO HORTO!!!

Hoxe como saiu o sol, os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil, fomos ata o noso horto ver como estaba a colleita, en xeral, estaba todo en bo estado agás as leitugas que apareceron algo comestas, non sabemos se por paxaros ou por caracois, teremos que buscar unha solución para que poidan medrar tranquilas😕 Os pementos, os alloporros, os amorodos e a menta seguen medrando con normalidade.

O primeiro que fixemos ao chegar foi arrincar as herbas malas, que xa había unhas cantas!!! Despois quixemos aumentar a plantación e cultivamos cabaciñas, cabazas para o Samaín e cabazas cacahuete. Unha vez que plantamos todo con moito esforzo e agarimo regamos a colleita para que medren moito. Velaí vos vai unha pequena mostra do que fixemos.... ata outra!!🌷🌾🌿🌼🍅🍃


UN AGASALLO PARA UN DÍA ESPECIAL

 A semana pasada ademais de facer as actividades para o Día das Letras Galegas estivemos moi centrados/as tamén nunha data moi especial: o 15 de Maio Día da Familia. Para agasallar ás nosas familias tiramos de creatividade e moldeamos con pasta o pé dun portafotos, velaí vos deixamos unha pequena mostra de como fixemos todo, agardamos que vos guste😊💝

DIA DA FAMILIA.mp4 from PATRICIA on Vimeo.

martes, 18 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021

 A semana pasada os peques de 6º de Educación Infantil estivemos coñecendo mellor a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas: Xela Arias. Despois de afondar un pouco na súa vida e de escoitar algúns dos seus poemas decidimos poñernos mans á obra e facer o seu retrato e recitar un dos poemas do seu libro: "Darío a Diario". Agardamos que gocedes do froito do noso esforzo😊👀👂



domingo, 16 de maio de 2021

PARABÉNS DYLAN!!

Este venres estivemos de celebración: o noso amiguiño Dylan cumpliu 6 aniños!!🎈🎂👑🎁 Pasámolo en grande cantámoslle o parabéns para ti, soprou a candea, tivemos merenda festeira e despois bailamos e xogamos un  montón. Velaí vai unha pequena mostra do acontecido no día...


sábado, 15 de maio de 2021

FELIZ DÍA DA FAMILIA

Hoxe, 15 de maio, celébrase o Día da Familia. Familia son as mamás, papás, avós, avoas, irmáns, irmás, persoas que nos coidan e axudan, madriñas, padriños... Familia é amor, comprensión, respecto, coidado, seguridade, apertas, bicos... 💓💙💚💛💜

"Xuntos/as imos descubrir, o mundo que aínda está por vir" Canción "Vén conmigo" de María Fumaça


FELIZ DÍA DA FAMILIA!!

luns, 10 de maio de 2021

PLANTANDO BULBOS

Collémoslle o gusto a esto de plantar. Desta vez tocou plantar cadaseu bulbo nunha maceta,agora toca esperar que floreza. Mirade que ben o pasamos.

MALAS NOVAS NA HORTA

O xoves pasado cando ibamos todos contentos a regar e quitar as malas herbas á nosa horta, levámosnos unha sorpresa ben desagradable, as nosas leitugas non estaban. Que pasaría? Pensamos varias cousas: Nos caracois, que o sal non fora o suficientemente eficaz para escorrentalos ou tamén nos paxaros, sobre todo unhas rulas que sempre están cando saimos ao patio. A nosa cabeza estivo dando voltas para atopar algunha solución, así que chegamos á conclusión que tiñamos que facer algo que espantara aos paxaros.