domingo, 13 de xuño de 2021

HAI NOVIDADES NA AULA DE 3 ANOS

Ola a todos e a todas!! Estes días estamos moi ocupados preparando o final de curso por iso non pasamos moito por aquí 🙊. Estamos mans á obra ultimando as portadas dos traballiños, a decoración das bolsas e algunha que outra sorpresiña. Aínda así, sacamos un oquiño para amosarvos algunhas novidades destes días.

Non sei se vos contaramos que, ao final, conseguimos que 4 vermes fixeran a súa crisálida 🐛🐛🐛🐛 Tres deles seguen alí dentro coa súa transformación pero outro xa nos dou unha grata sorpresa fai uns días 😀 Converteuse en bolboreta!! Mirade mirade 😍





Ademais, aproveitamos estes días tan solleiros 🌞 para facer actividades ao aire libre. Descubrimos que dentro do recinto do cole temos unha moreira 🍃🍃


E mentres investigabamos sobre ela, atopamos uns caracois 🐌🐌 e non podiamos volver á aula sen buscarlle un bo lugar para vivir.



Ademais, seguimos visitando e coidando a nosa horta que xa empeza a dar os seus froitos. Xa temos amorodos!! 🍓🍓🍓🍓

1.º Recollémolos


2.º Contamos cantos tiñamos e pensamos 💭 "Hai amorodos para todos/as?"


3.º Repartimos para comprobar se cada un/unha de nós podería levar un para a casa. Descubrimos que podiamos comer un amorodo cada un e, aínda así, sobraban 2.



4.º Como xa se nos botaba encima a hora de marchar, fixemos rapidamente uns paquetiños para que cada un/unha levase un amorodo para a casa. Ao día seguinte descubrimos que varios nenos/as probaran este froito que medrou con todo o noso cariño e que estaba boísimo!! 😍


Seguiremos agardando a ver se, antes das vacacións, podemos recoller algún froitiño máis para comer 😀😊

venres, 11 de xuño de 2021

Recollendo amorodos

Hoxe os nen@s de 4 anos fomos á nosa horta, pero desta vez nada de traballar, a cousa foi ben diferente, apañamos e despois comemos os amorodos que estaban xa no seu punto de maduración. Que bos estaban!!! No seu momento houbo que darlle ao sacho pero hoxe só á nosa lingua para saborear este doce manxar.

Un espantallo para os nosos bulbos.

Acordádesvos dos bulbos que plantamos en cadasua maceta? Pois como o noso espantallo está a facer tan ben a súa labor na horta, quixemos facer un pequeno espantallo para a nosa maceta, por se algún curioso (mosquito, mosca, caracol...) se lle ocurre acercarse ó noso bulbo. Ollade que bonitos nos quedaron. E como se están acercando as vacacións decidimos levar cada un o seu bulbo para seguir cuidándoo na nosa casa.

Plantando herbas aromáticas

Unha vez mais fomos á nosa horta plantar, concretamente o mércores. Desta vez tocou plantar herbas aromáticas: tomillo, ourego, albahaca e manzanilla. Eso sí, antes de empezar quitamos as malas herbas que xa medraran ben desde a última vez. O noso espantallo está a facer moi ben a súa labor, ningunha planta desapareceu e os amorodos están ben maduriños e nada comestos dos paxaros, na próxima xornada tocará recollelos e porsuposto degustar os primeiros froitos da nosa plantación. Uuummm... xa se nos fai a boca auga. Ollade que ben nos foi.

luns, 7 de xuño de 2021

Eber cumple 5 anos

Neste fin de semana estivo un amiguiño de aniversario e hoxe festexámolo todos xuntos na aula. Parabéns Eber.

XOGANDO COA CIENCIA EN 6º DE EI

 Entrado o mes de xuño na clase de 6º de EI decidimos xogar coa ciencia, cunha botella de plástico, unha palliña, un globo, auga, colorante e unha pistola de silicona fixemos unha pequena fonte na clase. Querédelo ver? Pois velaí vos vai unha pequena mostra do que aconteceu na clase


Días máis tarde animámonos a facer outro experimento moi coñecido, que pasa se misturas Coca-cola cuns carameliños mentos?? Quixémolo comprobar nós mesmos na clase, queredes saber que pasou? pois aquí tedes unha pequena mostra, para a semana que ven queremos repetir a experiencia encantounos!! Eso si, estas cousiñas hainas que facer sempre baixo a supervisión dun adulto porque poden chegar a ser moi perigosas💣💥😲

mércores, 2 de xuño de 2021

Un espantallo para a horta.

Lembrádesvos que na nosa horta desaparecera algunha que outra cousa das que plantaramos? A partir de hoxe ningún intruso se atreverá a poñer o pé ou a pata na horta, xa que os nen@s de 4 anos demos vida a un espantallo o que vixiará día e noite e tamén velará para que nas hortas veciñas algún que outro larpeiro se dea un banquete sin ser convidado.