luns, 1 de novembro de 2021

Xornadas Outonais.

O pasado venres 15 de outubro ao entrar na aula atopámonos algo agochado baixo un pano. Cómo chegaría alí?. Sería Fidalgo?. Qué se agocha...? Deste xeito foron xurdindo as primeiras respostas; unha cesta, unha Nancy, filloas, libros, un vestido, cousas de Halloween, e ata um bebé que no suposto de que así fora tiñamos ben claro os coidados que precisaba, Non aguantando máis esta incertidume atrevémonos a levantar o pano, e cal foi a nosa sorpresa?. "Unha cesta con cousas do outono" (millo, mazáns, ourizos, noces, tamarillos...), Algunhas destas cousas resultaron familiares e outras foi a primeira vez que as viamos. Fixemos unha clasificación dos produtos e posteriormente estivemos vendo imaxes de bodegóns de diferentes artistas que facían composicións con froitos do outono, así que mans á obra e por equipos comenzamos a crear o noso bodegón. Posteriormente, noutra xornada calzamos as nosas botas e saimos ao patio recoller follas, quitar castañas dos ourizos.... e descubrimos que había unha nogueira, aínda apañamos para un petisco. Finalmente non poidemos resistirnos e probamos estes produtos tan sans e saborosos.

Día das Bibliotecas Escolares

O pasado 24 de novembro foi o día das Bibliotecas escolares. Para festexalo fixemos unha actividade moi divertida na biblioteca do centro co noso amigo Beebot, cantas ganas tiñamos de reencontrarnos outra vez con esta abelliña tan especial. Desta vez tiñamos que levar a Beebot a ilustracións de diferentes contos que ben coñecemos e nos gustan tanto. Ollade que ben o pasamos.

SAMAÍN 2021

O venres 29 de outubro, celebramos a festa do Samaín🎃 Xa levabamos días facendo cousiñas relacionadas con esta temática pero este día foi o broche final. Na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos cabazas coa mestra de inglés, pantasmas con ChupaChups, disfrazámonos, elaboramos cabazas coas nosas familias e máis cousiñas. Se queredes saber que ben o pasamos nesta celebración, mirade o seguinte vídeo 👀

Ao longo destes días tamén lemos varios contos relacionados coa temática. Se picades sobre as súas portadas, podedes ver e escoitar algúns deles en familia 💓


domingo, 31 de outubro de 2021

PARABÉNS ROGELIÑO

Hoxe queremos amosarvos a festiña que fixemos no cole polo aniversario de Rogeliño 💓 Moitos parabéns amiguiño!!! Agardamos que disfrutes moito dos teus 4 aniños 🎁


💓 Querémoste moito 💓

ALGUNHAS PROPOSTAS DESTES DÍAS

Ao longo dos días, na aula de 5.º de Educación Infantil realizamos moitos xoguiños que nos axudan a aprender. Desta volta queremos ensinarvos un co que traballamos cuestións de lóxica-matemática. Mirade mirade 👀


Ademais queremos amosarvos a nova decoración da porta da nosa aula. Como ao longo do curso imos traballar a igualdade relacionado coa temática do circo, quixemos disfrazarnos das persoas que nel traballan 😍


xoves, 28 de outubro de 2021

CIRCARTE

Fai uns días, na aula de 5.º de Educación Infantil, realizamos outra actividade do proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet". Estamos tan atarefados co Samaín, o proxecto dos volcáns e outras propostas que tiñamos este vídeo sen subir ao blog.

Esta actividade titúlase "Circarte" e con ela aprendemos que tanto homes como mulleres poden realizar todas as profesións, todas as actividades que desexen... 

"A igualdade de xénero ten que ser unha realidade vivida" Michelle Bachellet

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS

Este 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas e na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos unha actividade que nos propuxo Fidalgo. Debiamos levar o BeeBot dende a portada dun dos nosos libros favoritos ata unha das súas ilustracións. Como nos gustou esta proposta!! 😍😀

Premede aquí e veredes o noso vídeo no blog da Bibliosanluís:

https://equipobibliosaluis.blogspot.com/2021/10/24-de-outubro-dia-das-bibliotecas.html

Aí tamén podedes ver os traballiños dos nosos compañeiros e compañeiras.