O pasado venres 15 de outubro ao entrar na aula atopámonos algo agochado baixo un pano.
Cómo chegaría alí?. Sería Fidalgo?. Qué se agocha...?
Deste xeito foron xurdindo as primeiras respostas; unha cesta, unha Nancy, filloas, libros, un vestido, cousas de Halloween, e ata um bebé que no suposto de que así fora tiñamos ben claro os coidados que precisaba,
Non aguantando máis esta incertidume atrevémonos a levantar o pano, e cal foi a nosa sorpresa?.
"Unha cesta con cousas do outono" (millo, mazáns, ourizos, noces, tamarillos...),
Algunhas destas cousas resultaron familiares e outras foi a primeira vez que as viamos.
Fixemos unha clasificación dos produtos e posteriormente estivemos vendo imaxes de bodegóns de diferentes artistas que facían composicións con froitos do outono, así que mans á obra e por equipos comenzamos a crear o noso bodegón.
Posteriormente, noutra xornada calzamos as nosas botas e saimos ao patio recoller follas, quitar castañas dos ourizos.... e descubrimos que había unha nogueira, aínda apañamos para un petisco.
Finalmente non poidemos resistirnos e probamos estes produtos tan sans e saborosos.