martes, 9 de novembro de 2021

QUE É UNHA BANDEIRA?

Na aula de 4 anos, seguimos co Proxecto sobre os volcáns. Desta volta, aprendemos que era unha bandeira, que cada bandeira é diferente e descubrimos que as bandeiras de Galicia e A Palma tiñan as mesmas cores 😀 Sabedes que cores son? Ollade este vídeo 😍

XOGAMOS COS NÚMEROS E AS LETRAS

Boa tarde 😊 estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil fixemos diferentes xogos para traballar cuestións de lectoescritura e de lóxica matemática:

  • Buscamos letras e números.
  • Pensamos palabras que comezasen por diferentes letras.
  • Fixemos o son das letras.
  • Démoslle indicacións ao BeeBot para que chegase ao número que indicaba o dado.
  • Contamos un número determinado de elementos.
  • Buscamos números.
Queredes ver que ben o pasamos? Mirade, mirade 👀

sábado, 6 de novembro de 2021

Proxecto, "Os Volcáns"

O domingo 16 de setembro despertamos con unha nova: "Erupción Volcánica en La Palma". Para algúns era familiar, xa que algo viramos no móbil dos papás e para outros foi a escola a primeira fonte de información. Polo tanto esta nova despertou a nosa curiosidade e interese polos volcáns. 
Algo xa sabíamos, como que botan fume, arden...pero tamén queríamos saber moitas mais cousas, así que tomamos nota das curiosidades:
 Hai volcáns en Carballo? Onde está o volcán de La Palma? Por qué arden os volcáns? Hai moitos ou poucos volcáns? Cales son as partes do volcán? Que persoas estudian os volcáns? Podo ir a un volcán? Queimaríame se me acerco ao volcán? Podo facer un volcán que bote lava?..... Estas eran entre outras as curiosidades que tiñamos, así que ao longo destes meses fomos investigando, dando resposta as nosas inquedanzas. e aprendendo moito.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

venres, 5 de novembro de 2021

Baixo a mesma carpa de crochet. Toma 2.

Baixo a mesma carpa de crochet.Toma 1.

O curso pasado resultamos gañadores da VII convocatoria Concepción Arenal co proxecto "BAIXO A MESMA CARPA DE CROCHET" na modalidade infantil. É por iso que ao longo do curso realizaremos diferentes actividades que en dito proxecto se reflicten que versan sobre o mundo do circo e igualdade de xénero. Arrincamos pois coa TOMA Nª1 na aula de 5 anos "Baixo a mesma carpa de crochet". Benvid@s aos espectadores. Ocupen as súas butacas que comenza o espectáculo.

martes, 2 de novembro de 2021

Samaín 2021

O venres 29 de outubro celebramos o Samaín. Ao longo de toda a semana estivemos facendo cousiñas relacionadas con esta festa tan terrorífica!!!! Comenzamos con unhas pantasmas que fixemos coa teacher Raquel, continuamos con uns morcegos que non paraban de revolotear por toda a clase, ata o máis rebuldeitro se atreveu a pousar no cráter do volcán que temos na nosa aula, non sabemos se sairia algo chamuscado, un pouco xa cheiraba a churrasco!!! Tamén fixemos unhas pantasmas moi doces con chupas para levar de sobremesa. E como somos tan festeiros non poidamos terminar sen disfrazarnos, festexar na aula, xogar con castañas, e levar as cabazas que fixemos ca axuda das nosas familias ao xardín, participando así no programa "Presume de Xardín"patrocinado polo concello.

luns, 1 de novembro de 2021

Xornadas Outonais.

O pasado venres 15 de outubro ao entrar na aula atopámonos algo agochado baixo un pano. Cómo chegaría alí?. Sería Fidalgo?. Qué se agocha...? Deste xeito foron xurdindo as primeiras respostas; unha cesta, unha Nancy, filloas, libros, un vestido, cousas de Halloween, e ata um bebé que no suposto de que así fora tiñamos ben claro os coidados que precisaba, Non aguantando máis esta incertidume atrevémonos a levantar o pano, e cal foi a nosa sorpresa?. "Unha cesta con cousas do outono" (millo, mazáns, ourizos, noces, tamarillos...), Algunhas destas cousas resultaron familiares e outras foi a primeira vez que as viamos. Fixemos unha clasificación dos produtos e posteriormente estivemos vendo imaxes de bodegóns de diferentes artistas que facían composicións con froitos do outono, así que mans á obra e por equipos comenzamos a crear o noso bodegón. Posteriormente, noutra xornada calzamos as nosas botas e saimos ao patio recoller follas, quitar castañas dos ourizos.... e descubrimos que había unha nogueira, aínda apañamos para un petisco. Finalmente non poidemos resistirnos e probamos estes produtos tan sans e saborosos.