martes, 1 de febreiro de 2022

O NOSO AGASALLO PARA OS PAIASOS E PAIASAS DE GALICLOWN

Como sabedes, en Educación Infantil estamos desenvolvendo o proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet" onde traballamos a igualdade no mundo do circo. Na procura de relacionar a súa temática co Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro), abordamos a temática dos paiasos e paiasas dos hospitais. 

Por este motivo, puxémonos en contacto con Galiclown. Na aula de 5.º de Educación Infantil, preparámoslle este agasallo feito con mooooito moito cariño, para agradecerlle todo o que fan para sacarnos sorrisos en momentos difíciles 💗


Velaquí vos deixamos tamén algúns vídeos que estivemos a ver na clase 😊


DEBUXAMOS COA TÉCNICA DO FOLIO XIRATORIO

A semana pasada, na aula de 5.º de Educación Infantil puxemos os mandilóns e mans á obra coas nosas artistadas!! Desta volta fixemos diferentes debuxos coa técnica do folio xiratorio. Sabedes en que consiste? As profes dábannos unhas indicacións e nós debuxabamos o que nos dicían. Logo de cada frase, dabámoslle o noso folio ao compañeiro ou compañeira do lado, el/ela dábanos o seu e continuabamos. Así, conseguimos facer estas marabillas 😍

Había que debuxar unha persoa, coa cara beeen redondiña. Dous ollos, unha nariz en forma de triángulo, unha boca e dúas orellas. O pelo era rizo. Debuxámoslle o corpo, os brazos e as perniñas e situámolo ao carón dunha flor, un día soleado. Engadimos tres corazóns 💖💖💖

Mirade como as mesmas indicacións deron resultados tan diferentes e tan bonitos 😀

venres, 28 de xaneiro de 2022

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS ANIMAIS DA CONTORNA (5.ºEI)

Que curiosidade espertan en nós os animais do bosque!! 🐗🐭🐕E que ademais, dan nome aos catro equipos da aula😍

Queremos aprender moito sobre eles, así que o mellor lugar polo que podiamos comezar a buscar información era a biblioteca. Aprendemos que a CDU é un sistema para clasificar os libros nas bibliotecas escolares e, no apartado 5, podiamos atopar libros sobre esta temática. Coa axuda das profes, seleccionamos algúns para levar á clase 📚


Agora, prepararemos un recuncho temático na clase. Xa volo amosaremos cando o teñamos listo 😀 Nel poñeremos estes libros, fotografías dos animais, miniaturas deles, novas do xornal relacionadas e calquera outro recurso que nos axude a aprender sobre eles 😁 Coma sempre familias, estades convidadas a aportar información, vídeos ou calquera recurso que nos poida axudar nesta aventura. Moitas grazas de antemán 💗

LECTOESCRITURA NA MESA DE LUZ

Na aula de 5.º de Educación Infantil comezamos a darlle moito uso ao agasallo de Nadal: a mesa de luz. Desta vez realizamos unha actividade de lectoescritura onde debiamos buscar as letras que compoñían o nome de cada animal do bosque. Este trimestre imos coñecer un pouco máis sobre diferentes animais presentes na nosa contorna: o xabaril, o raposo, o ourizo e a toupa. Comeza aquí un novo proxecto para nós!!

Unha vez formamos as catro palabras, contamos cantas letras tiña cada unha e buscamos o número correspondente. Había dúas palabras que contiñan o mesmo número de letras e que eran máis longas que as outras dúas. Canto aprendemos de mates!!

TRABALLAMOS AS PARTES DO CORPO EN INGLÉS (5.º EI)

Estes días, coa teacher Raquel estivemos a traballar as partes do corpo en inglés. Seguro que recoñecedes de quen é a silueta que pintamos. Nin máis nin menos que do noso amigo Pablo!! 😍



Velaquí tedes a canción das partes do corpo coa que traballan os nenos e nenas na clase de inglés 😊

luns, 24 de xaneiro de 2022

Dylan cumple 6 anos

Inauguramos ano e con el o aniversario de Dylan que xa cumpliu 6 aniños. Que maiores nos estamos facendo!!! Parabéns Dylan!!!!

domingo, 16 de xaneiro de 2022

Os Reis Magos fixeron unha parada na aula de 5 anos.

Que sorpresa nos levamos ao voltar á aula despois das vacacións de Nadal. Ao pé da árbore había uns agasallos que Melchor Gaspar e Baltasar nos deixaran. Quer emoción!!!