xoves, 3 de febreiro de 2022

OS NOSOS ATURUXOS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos enganchadísimos á canción "Terra" de Tanxugueiras, seguro que non somos os/as únicos/as 😍 De tanto escoitala, quixemos aprender a aturuxar, así que escoitamos moitas veces o vídeo e pedímoslle asesoramento á profe de música.


 A aturuxar!! 🎵🎶


Se queredes aprender a aturuxar, pedídenos axuda aos nenos e nenas de 4 anos!! 💖

mércores, 2 de febreiro de 2022

PAIASEANDO

Inmersos no mundo do circo decidimos disfrazarnos de paiasos e paiasas. Seredes quen de recoñecernos?. Ao igual que os paiaos e paiasas de GALICLOWN queremos sacarvos un sorriso, seguro que o logramos.

"Baixo a mesma carpa de crochet". Toma 4.

Seguindo co proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet" e aproveitando o "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ", abordamos a temática do circo coa labor desinteresada que ofrecen paiasos e paiasas nos hospitais quitando o sorriso aos nenos e nenas que están hospitalizados. Deste xeito, puxémonos en contacto con "Galiclown", asociación sen ánimo de lucro formada por paiasos, paiasas, magos, magas....de Galicia, onde quixemos aportar o noso pequeno grao de area para agradecerlle a labor que desempeñan tecendo unha bufanda da paz para que luzan en próximas actuacións. Un anaquiño de cada familia dos nenos de 6º de educación Infantil está representada nesta bufanda para unha boa causa representado nun farrapo de tela dunha prenda que a arroupou.

Traballando coa teacher Raquel as partes do corpo.

Nestas últimas xornadas estivemos traballando as parte so corpo coa profe de inglés. Que ben o pasamos trazando a silueta dun classroom friend e despois a colocarlle as partes do copo. Mirade que xeitoso nos quedou. Thank`s teacher Raquel!!!!

martes, 1 de febreiro de 2022

O NOSO AGASALLO PARA OS PAIASOS E PAIASAS DE GALICLOWN

Como sabedes, en Educación Infantil estamos desenvolvendo o proxecto titulado "Baixo a mesma carpa de crochet" onde traballamos a igualdade no mundo do circo. Na procura de relacionar a súa temática co Día Escolar da Non Violencia e a Paz (30 de xaneiro), abordamos a temática dos paiasos e paiasas dos hospitais. 

Por este motivo, puxémonos en contacto con Galiclown. Na aula de 5.º de Educación Infantil, preparámoslle este agasallo feito con mooooito moito cariño, para agradecerlle todo o que fan para sacarnos sorrisos en momentos difíciles 💗


Velaquí vos deixamos tamén algúns vídeos que estivemos a ver na clase 😊


DEBUXAMOS COA TÉCNICA DO FOLIO XIRATORIO

A semana pasada, na aula de 5.º de Educación Infantil puxemos os mandilóns e mans á obra coas nosas artistadas!! Desta volta fixemos diferentes debuxos coa técnica do folio xiratorio. Sabedes en que consiste? As profes dábannos unhas indicacións e nós debuxabamos o que nos dicían. Logo de cada frase, dabámoslle o noso folio ao compañeiro ou compañeira do lado, el/ela dábanos o seu e continuabamos. Así, conseguimos facer estas marabillas 😍

Había que debuxar unha persoa, coa cara beeen redondiña. Dous ollos, unha nariz en forma de triángulo, unha boca e dúas orellas. O pelo era rizo. Debuxámoslle o corpo, os brazos e as perniñas e situámolo ao carón dunha flor, un día soleado. Engadimos tres corazóns 💖💖💖

Mirade como as mesmas indicacións deron resultados tan diferentes e tan bonitos 😀

venres, 28 de xaneiro de 2022

BUSCA DE INFORMACIÓN SOBRE OS ANIMAIS DA CONTORNA (5.ºEI)

Que curiosidade espertan en nós os animais do bosque!! 🐗🐭🐕E que ademais, dan nome aos catro equipos da aula😍

Queremos aprender moito sobre eles, así que o mellor lugar polo que podiamos comezar a buscar información era a biblioteca. Aprendemos que a CDU é un sistema para clasificar os libros nas bibliotecas escolares e, no apartado 5, podiamos atopar libros sobre esta temática. Coa axuda das profes, seleccionamos algúns para levar á clase 📚


Agora, prepararemos un recuncho temático na clase. Xa volo amosaremos cando o teñamos listo 😀 Nel poñeremos estes libros, fotografías dos animais, miniaturas deles, novas do xornal relacionadas e calquera outro recurso que nos axude a aprender sobre eles 😁 Coma sempre familias, estades convidadas a aportar información, vídeos ou calquera recurso que nos poida axudar nesta aventura. Moitas grazas de antemán 💗