Proximamente estará aberto o prazo de admisión para alumnado de nova incorporación. Se desexades coñecernos, achegádevos ao noso colexio o luns 21 ou o xoves 24 de febreiro de 16.00h a 18.00h ou, se preferides outro horario, chamade ao 881880415.
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
venres, 11 de febreiro de 2022
martes, 8 de febreiro de 2022
PROXECTO: AS ABELLAS
Na aula de 5 anos arrincamos con un novo proxecto: "As abellas".
Na posta en común de que sabemos das abellas sairon cousas ben interesantes: como que hai unha abella raiña e que é grande, que viven nas colmeas, que teñen un aguillón co que pican...
Pero tamén temos moitas curiosidades e.... Que queremos saber das abellas?
Posteriormente xurdiu a cuestión de:Dónde podemos buscar información acerca deste tema?.
As respostas foron en internet, nos libros..., así que a primeira visita foi á biblioteca en busca de libros sobre a temática en cuestión.
domingo, 6 de febreiro de 2022
Erik cumple 6 anos
Nesta semana estivemos de celebración na aula de 5 anos.
Outro amiguiño estivo de aniversario.
Parabéns Erik. Agardamos que disfrutaras deste día.!!!!
xoves, 3 de febreiro de 2022
OS NOSOS ATURUXOS
Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos enganchadísimos á canción "Terra" de Tanxugueiras, seguro que non somos os/as únicos/as 😍 De tanto escoitala, quixemos aprender a aturuxar, así que escoitamos moitas veces o vídeo e pedímoslle asesoramento á profe de música.
Se queredes aprender a aturuxar, pedídenos axuda aos nenos e nenas de 4 anos!! 💖
mércores, 2 de febreiro de 2022
PAIASEANDO
Inmersos no mundo do circo decidimos disfrazarnos de paiasos e paiasas.
Seredes quen de recoñecernos?.
Ao igual que os paiaos e paiasas de GALICLOWN queremos sacarvos un sorriso, seguro que o logramos.
"Baixo a mesma carpa de crochet". Toma 4.
Seguindo co proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet" e aproveitando o "DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ", abordamos a temática do circo coa labor desinteresada que ofrecen paiasos e paiasas nos hospitais quitando o sorriso aos nenos e nenas que están hospitalizados.
Deste xeito, puxémonos en contacto con "Galiclown", asociación sen ánimo de lucro formada por paiasos, paiasas, magos, magas....de Galicia, onde quixemos aportar o noso pequeno grao de area para agradecerlle a labor que desempeñan tecendo unha bufanda da paz para que luzan en próximas actuacións.
Un anaquiño de cada familia dos nenos de 6º de educación Infantil está representada nesta bufanda para unha boa causa representado nun farrapo de tela dunha prenda que a arroupou.
Traballando coa teacher Raquel as partes do corpo.
Nestas últimas xornadas estivemos traballando as parte so corpo coa profe de inglés.
Que ben o pasamos trazando a silueta dun classroom friend e despois a colocarlle as partes do copo. Mirade que xeitoso nos quedou.
Thank`s teacher Raquel!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)