sábado, 5 de marzo de 2022

Proxecto "As abellas". Parte I.

Na aula de 5 anos continuamos avanzando no noso proxecto. Ollade como vai collendo forma o noso recanto das abellas e o que estivemos a traballar nestas últimas semanas. Coñecemos os diferentes tipos de abellas que viven na colmea e a función que desempeñan, o seu ciclo vital, como se chama a persoa que as coida... Estamos a concienciarnos do importantes que son estos pequenos insectos para a nosa vida.

O aniversario de Kayla

Na aula de 5 anos seguimos de celebración. Hoxe festexamos o aniversario de Kayla. Agardamos que disfrutaras do día. Parabéns Kayla.

xoves, 3 de marzo de 2022

Mateo cumple 6 anos

Hoxe estivemos de celebración. Mateo cumpliu 6 anos. Parabéns Mateo!!! Agardamos que o pasara moi ben neste día.

martes, 1 de marzo de 2022

O Entroido na aula de 5 anos.

Velaqui unha pequena mostra do ben que o pasamos na aula de 5 anos. Viva o entroido!!!!

"Baixo amesma carpa de crochet". Toma 6

Seguindo ca celebración do aniversario de Rosalía e inmersos no proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet" aproveitamos para imaxinar que personaxe do circo nos gustaría ser baixo o rostro de Rosalía de Castro.

23 de Febreiro. Día de Rosalía.

O 23 de febreiro foi o día de Rosalía, conmemoración festexada con diversas actividades. Ollade que ben o pasamos na aula de 5 anos.
Deixámosvos enlace ao video dos Bolechas "As miñas primeiras letras galegas. Rosalía de Castro", que tanto nos gustou e acompañou ao longo do desenvolvemento das diferentes actividades, e tamén o video recitando a nosa estrofa favorita do poema de Rosalía de Castro "Has de cantar". "Has de cantar meniña gaiteira. Has de cantar que morro de pena". Agardamos que vos guste.

"Baixo a mesma carpa de crochet". Toma 5

Seguindo co proxecto "Baixo a mesma carpa de crochet", desta vez tocounos dialogar sobre o que nos gustaría ser de maiores analizando e reflexionando acerca dos oficios que rodean a nosa sociedade, a veces con estereotipos establecidos. Aínda así, á hora de dicir o que nos gustaría ser de maiores é verdade que algunhas nenas decántanse por perruqueiras, cociñeiras.... os nenos por futbolistas.... Ante a proposta de cambiar os roles, todos e todas acerptan, valoran e respectan a cociñeiros e cociñeiras, homes e mulleres futbolistas.... Por tanto a nosa menxaxe é a seguinte: "Tod@s temos dereito a ser libres de escoller e ser respectados independientemente do sexo" .