xoves, 7 de abril de 2022

EN 5.º EI RETOMAMOS O HORTO

Esta semana, as nenas e nenos de 5.º de Educación Infantil, aproveitamos uns raíños de sol 🔆para volver ao horto. Bueno... en realidade, deixara de ser un horto para ser unha selva!! Cantas herbas!!! 🌱🌱🌾🌾🌿🌿 

Comezamos a preparalo para poder plantar á volta das vacacións de Semana Santa. Velaquí o que fixemos 😊

Quitamos herbas🌿🌿


Separamos pedras, lixo, cultivos que quedaron do ano pasado e caracois🐌🐌 Contamos o número de cenorias e patacas recollidas e fixemos o reparto para poder levar unha pequena mostra para as nosas casas.


Preparamos unha listaxe para que a profe vaia mercar os cultivos para plantar á volta das vacacións



Ata aquí 2 horas de duro traballo e moita terra na roupa e nos calcetíns 💪 Á volta das vacacións máis!! 🌱🌿

mércores, 6 de abril de 2022

Easter Bunny

Esta semana na sesión da teacher Raquel, Easter Bunny (coello de pascua) agochou ovos polo cole. Así que 1,2,3.... alá vamos á súa procura Mr. Easter Bunny.

Proxecto "As abellas". Parte III

Seguindo co noso proxecto, nesta derradeira parte, aprendemos que as abellas son grandes polinizadoras. Ollade que actividades fixemos para dar por rematada a nosa investigación acerca destes pequenos pero ao mesmo tempo grandes insectos para a nosa superviviencia. Grazas abellas polo traballo que desempeñades.

mércores, 30 de marzo de 2022

OS NENOS/AS DE 5.ºEI SAÍMOS EN BUSCA DE TOUPEIRAS

Na aula de 5.º de Educación Infantil estamos rematando o noso proxecto sobre os animais da contorna. Dado que estamos tan interesados/as no tema, todo nos recorda aos animais que estamos estudando!! 😀

Contarémosvos que no desfile do Entroido, pasando polo xardín do San Martiño, ao ver as toupeiras berramos: toupas, toupas!!! Non podiamos desaproveitar a ocasión e rematar o proxecto sen achegarnos ata alí para observar as toupeiras, recordar o aprendido e recoller un pouco de terra para complementar o noso estudo 🐀🐭.

Velaquí vos deixamos un resumo da saída😍

martes, 29 de marzo de 2022

Cenoiras da nosa hortiña.

Coa chegada da primavera e do bo tempo queremos retomar a nosa labor no horto que o tiñamos un pouco abandonado despois dun longo inverno. Preséntasenos unha dura labor para poñelo a punto xa que hai moita herba mala, pero nada imposible para nós, estamos desexando poñernos a elo, darlle o sacho e volver a plantar. Eso sí, a primeira tarefa antes de nada foi apañar as cenoiras que plantaramos o curso pasado. Non nos foi tan mal, velaquí os resultado. Ollade que cenoiras máis fermosas e tamén algunha que outra cebola e pataca. Aínda nos deron para un pequeno petisco.

Proxecto "As abellas". Parte II

Seguimos avanzando no noso proxecto das abellas. Ollade o que estivemos facendo ao longo destas semanas.

21 de marzo. Día da árbore e da poesía.

O 21 de marzo celebramos o día da árbore e da poesía. Mirade que ben o pasamos.