domingo, 1 de maio de 2022

ROBÓTICA NUMÉRICA

Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.

Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍

QUEBRACABEZAS EN 5.º EI

Un destes días, entre as actividades dos recunchos atopábase un quebracabezas que nos emprestou a profe Patri. Tiña pezas moooooooi grandes e debuxos de Dory e Nemo🐠🐡 Tivemos que esforzarnos moito para montalo pero... conseguímolo!!!


Dende ese día, é un dos nos xogos preferidos 😍
Grazas profe Patri por emprestárnolo para a nosa clase 💖

sábado, 23 de abril de 2022

23 de abril. "Día do libro"

Hoxe 23 de abril é o día do libro. Nös xa comezamos onte facendo algunha actividade relacionada co día internacional do libro, e non será a única. Da man do noso amigo Ozobot e dun dos nosos contos favoritos " A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" fixemos o seguinte. Agardamos que vos guste.

sábado, 9 de abril de 2022

REMATAMOS O 2.º TRIMESTRE

Agora si, damos por rematado o 2.º trimestre!! Dende a aula de 5.º de Educación Infantil deixamos aquí un pequeno vídeo co produto final sobre o noso proxecto dos animais da contorna. Agardamos que se vexa reflectido nel todo o que traballaron e se esforzaron os nosos nenos e nenas que, sen dúbida, se mantiveron motivados e ilusionados todo este tempo 😃😍

Pronto máis e mellor. Recargade as pilas para a recta final deste curso 😊 Felices vacacións familias e nenos/as💖

xoves, 7 de abril de 2022

EASTER DAY EN 5.º EI

Este mércores, na clase de inglés coa profe Raquel fixemos unha actividade moi chachi. Tivemos que buscar polo patio os ovos que Easter Bunny 🐰 agochara para nós 😍

Grazas teacher!! 😀