domingo, 8 de maio de 2022

HORTIÑA PLANTADA en 5.ºEI

Que sorte estamos tendo con este soliño 🌞 permítenos xogar no areeiro, arrolarnos na herba e incluso plantar a horta!! 🌱🍅🍓🍃 Despois de días de duro traballo, por fin rematamos. Agora só queda darlle cariño aos cultivos, regalos e agardar que medren e dean os seus froitos 😍😃

sábado, 7 de maio de 2022

EN 5.º EI FACEMOS VIDREIRAS PRIMAVERAIS

Coa chegada do mes das flores, en 5.º de Educación Infantil decidimos que era un bo momento para cambiar a decoración das fiestras da aula. Nesta ocasión, fixemos unhas vidreiras con forma de flores 🌸🌹🌷🌺 e bolboretas. Permitíronnos repasar as cores, seguir practicando o manexo da tesoira e deixar voar a nosa creatividade e imaxinación á hora de combinar as cores.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do proceso 😍

Agora estamos agardando ver o reflexo do sol 🌞 a través delas, que seguro encherá de cor a nosa aula 💖

xoves, 5 de maio de 2022

Preparando a horta para plantar

Nesta semana voltamos á horta, despois de apañar as cenorias aínda non pasaramos por alí. Menuda selva había. Canto traballamos, sudamos a gota gorda. Pero....o esforzo mereciu a pena, mirade que terriña máis preparada nos quedou para que na vindeira semana poidamos xa plantar.

mércores, 4 de maio de 2022

Desta vez tocoulle soprar a candea do nº 6 a Carliños. Agardamos que o pasaras ben na túa festiña. Parabéns!!!!

domingo, 1 de maio de 2022

LECTOESCRITURA E LOXICA-MATEMÁTICA DA HORTA

Na aula de 5.º de Educación Infantil, imos traballar moito este trimestre sobre a temática da horta 🍅🌿🌱. Nesta publicación ímosvos amosar algunhas das cousiñas que estivemos a facer estes días.

XOGOS DE LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA, cos que traballamos:

  • Conteo e identificación de números.
  • Asociación de números coas tarxetas dos dedos das mans.
  • Sumas sinxelas.
  • Escritura de números.
  • Axudándonos das tarxetas de tres partes elaboradas para a ocasión, asoociamos as imaxes coas palabras correspondentes.
  • Identificamos as palabras referidas a cada imaxe, as súas letras e escribímolas con letras de madeira.

Acudimos á biblioteca en busca de CONTOS E LIBROS SOBRE A TEMÁTICA.


Aproveitando a mesa de luz, ESCRIBIMOS O NOME DALGÚNS CULTIVOS que imos plantar.

ROBÓTICA NUMÉRICA

Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.

Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍

QUEBRACABEZAS EN 5.º EI

Un destes días, entre as actividades dos recunchos atopábase un quebracabezas que nos emprestou a profe Patri. Tiña pezas moooooooi grandes e debuxos de Dory e Nemo🐠🐡 Tivemos que esforzarnos moito para montalo pero... conseguímolo!!!


Dende ese día, é un dos nos xogos preferidos 😍
Grazas profe Patri por emprestárnolo para a nosa clase 💖