Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
luns, 9 de maio de 2022
Proxecto: "Unha viaxe polo antiguo Exipto".
domingo, 8 de maio de 2022
HORTIÑA PLANTADA en 5.ºEI
Que sorte estamos tendo con este soliño 🌞 permítenos xogar no areeiro, arrolarnos na herba e incluso plantar a horta!! 🌱🍅🍓🍃 Despois de días de duro traballo, por fin rematamos. Agora só queda darlle cariño aos cultivos, regalos e agardar que medren e dean os seus froitos 😍😃
sábado, 7 de maio de 2022
EN 5.º EI FACEMOS VIDREIRAS PRIMAVERAIS
Coa chegada do mes das flores, en 5.º de Educación Infantil decidimos que era un bo momento para cambiar a decoración das fiestras da aula. Nesta ocasión, fixemos unhas vidreiras con forma de flores 🌸🌹🌷🌺 e bolboretas. Permitíronnos repasar as cores, seguir practicando o manexo da tesoira e deixar voar a nosa creatividade e imaxinación á hora de combinar as cores.
Aquí vos deixamos un pequeno vídeo do proceso 😍
Agora estamos agardando ver o reflexo do sol 🌞 a través delas, que seguro encherá de cor a nosa aula 💖
xoves, 5 de maio de 2022
Preparando a horta para plantar
mércores, 4 de maio de 2022
domingo, 1 de maio de 2022
LECTOESCRITURA E LOXICA-MATEMÁTICA DA HORTA
Na aula de 5.º de Educación Infantil, imos traballar moito este trimestre sobre a temática da horta 🍅🌿🌱. Nesta publicación ímosvos amosar algunhas das cousiñas que estivemos a facer estes días.
XOGOS DE LECTOESCRITURA E LÓXICA-MATEMÁTICA, cos que traballamos:
- Conteo e identificación de números.
- Asociación de números coas tarxetas dos dedos das mans.
- Sumas sinxelas.
- Escritura de números.
- Axudándonos das tarxetas de tres partes elaboradas para a ocasión, asoociamos as imaxes coas palabras correspondentes.
- Identificamos as palabras referidas a cada imaxe, as súas letras e escribímolas con letras de madeira.
Acudimos á biblioteca en busca de CONTOS E LIBROS SOBRE A TEMÁTICA.
Aproveitando a mesa de luz, ESCRIBIMOS O NOME DALGÚNS CULTIVOS que imos plantar.
ROBÓTICA NUMÉRICA
Estes días, na aula de 5.º de Educación Infantil estivemos a traballar co escornabot, un robot moi similar ao BeeBot que xa manexamos outras veces. Desta volta, traballamos o recoñecemento de números, o conteo e a súa localización nas tarxetas dos dados e dos dedos das mans.
Aprender con este tipo de robots é éxito asegurado!! 😍😍




