venres, 17 de febreiro de 2023

"Xogando coas figuras xeométricas"

Nestes días estivemos xogando coas figuras xeométricas, círculo, cadrado, rectángulo e círculo. Ollade como deixamos voar a nosa imaxinación e construimos o que para uns eran trens , camións, tractores, casas, árbores.... E vós qué vedes?
Deixámosvos o enlace tamén da nosa canción favorita " La ronda de las figuras geométricas".

xoves, 16 de febreiro de 2023

"Un petisco de froita"

Cómo ben sabedes,dentro do proxecto da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos,en días anteriores visitamos o mercado da nosa vila para comprar produtos saudables para preparar un menú no restaurante "San Luís". E como houbo excedente de produto, coa froita que non consumiron os clientes, preparamos uns petiscos de froita e convidamos aos nosos amiguiños de 4 e 5 anos. Mirade que delicia!!!
Así mesmo, decidimos elaborar un frutómetro para medir a froita que consumimos, e que ese mesmo día inauguramos. E irá subindo de temperatura según pasan os días, xa veredes como si, porque nas nosas merendas a froita non pode faltar!!!!

mércores, 15 de febreiro de 2023

Proxecto "Os pitiños". Un recanto para Pepe.

Tras a sorpresa do noso amiguiño Pepe,decicimos facer un recanto para él o que acompañamos nun primeiro momento con contos da temática, unha cesta de ovos, platos con millo e pienso para que coma.... e parece que lle gusta, que xa o vemos máis gordo e grande!!! Tamén charlamos do qué sabemos (que comen pienso e millo, que son pequeniños, que nacen dos ovos, que son amarelos...) e tamén o que queremos saber acerca del (se son todos da mesma cor, qué comidas comen aparte de millo e pienso, quén é a súa mamá e o seu papá....) entre outras cousas. Así que nos queda unha interesante labor!!!

martes, 14 de febreiro de 2023

Proxecto "Os pitiños"

Na aula de 3 anos comenzamos co noso primeiro proxecto "Os pitiños". Queredes saber cómo? A semana pasada cando entramos na aula tuvemos unha gran sorpresa. SI!!!!, unha carta con unha cáscara de ovo encima de palla e un pitiño!!!
Pronto descubrimos que o pitiño nacera da cáscara do ovo, e empezamos a preguntarnos, cómo chegaría ali, quen o traería..... Demos lectura á carta para ver se aclaraba algunha das nosas dúbidas, averiguamos que este pitiño se chama Pepe, igual que o polo do noso conto favorito "O polo Pepe", que os polos viven nas granxas.... animándonos a investigar e coñecer máis cousas sobre el . Así que, todos ilusionados acollemos con todo cariño a este amiguiño e arrincamos con este novo proxecto.

sábado, 11 de febreiro de 2023

PREPARAMOS UN MENÚ SAUDABLE

O mes de febreiro, comezou fortemente saudable para nós. Dentro do proxecto da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos" e en relación co Plan Proxecta "Aliméntate ben" no que participamos, estivemos a preparar un MENÚ SAUDABLE 🍅🍑🍓🍀que foi supervisado por Tania Mesejo.

1.º Fomos á feira, ao mercado de Carballo e a algunhas tendas da localidade para mercar os ingredientes necesarios para a elaboración do menú

2.º Preparamos o menú

🍅Primeiro prato: alumnado de 6.ºEI

🍋Segundo prato: alumnado de 5.ºEI

🍇Sobremesa: alumnado de 4.ºEI

3º Acudimos ao Restaurante Sanluís para xantar

 

venres, 10 de febreiro de 2023

ANIVERSARIOS DE XANEIRO: PARBÉNS IZAN E JAIRO!!!

No mes de Xaneiro os nosos amiguiños Izan (18) e Jairo (25) estiveron de aniversario e para celebralo fixemos dúas festas rachadas,queredes ver unha pequena mostra delas? 👀 

 

 

domingo, 5 de febreiro de 2023

QUE É ISTO QUE APARECEU NA CLASE?

Non sabemos como comezar a contarvos o que sucedeu fai uns días na aula de 6.º de Educación Infantil. Sorprendente? Arrepiante? Misterioso? Un pouco de todo!!

Recordades que fai uns días preparamos neve con bicarbonato e auga? Pois ben, un día, apareceu agochada nela un óso... De quen era?, de que parte?, quen o deixara alí? Un montón de ideas pasaron polas nosas cabeciñas 😍

Isto dounos para falar, imaxinar, debatir, comezar a investigar... e así é como imos comezar a traballar sobre o corpo humano, relacionándoo co PDI da biblioteca e a temática do Plan Proxecta que desenvolvemos no centro.