sábado, 8 de abril de 2023

COLGANDO O POEMA DE 5º DE EI

 A finais de Marzo os nenos e nenas de 5º de EI saímos para pendurar o noso poema nunha das árbores que presiden a entrada do noso cole, velaí tedes unha pequena mostra 🌳

A CHEGADA DUN NOVO AMIGIÑO Á CLASE DE 5º DE E.I.

 A finais do mes de Marzo na clase de 5º de E.I. tivemos o pracer de coñecer a un novo compañeiro, o seu nome é Axel e xa deixou a súa pegada no cadro da nosa aula. Estivemos vendo como se escribe o seu nome, fixémoslle uns debuxiños de benvida e sacamos unha foto tod@s xunt@s💗


sábado, 1 de abril de 2023

ANIVERSARIO HUGO

Na aula de 6.º de Educación Infantil rematamos o 2.º trimestre celebrando o primeiro aniversario deste 2023.
Hugo xa soprou a candea do 6!! Parabéns, amiguiño 🍰🎁🎈


Querémoste moito 💖

xoves, 30 de marzo de 2023

EXPERIENCIAS MANIPULATIVAS E SENSORIAIS DO PROXECTO "OS TESOUROS DO MEU CORPO"

Remata o 2.º trimestre e con el, na aula de 6.º de Educación Infantil, rematamos o noso proxecto "Os tesouros do meu corpo". Ademais de rexistro de datos e información, levamos a cabo diferentes experiencias manipulativas e sensoriais que nos encantaron 😍

Velaquí vos deixamos un vídeo resumo 👀


Sen dúbida, o éxito absoluto foi a estación de análises de sangue na tuff tray 😀


Tamén nos gustan moito as botellas sensoriais e estamos desexosos e desexosas de levalas para as casas pero imos deixalas no colexio uns días máis para levar ao Salón do Libro de Carballo no mes de abril 😊

sábado, 25 de marzo de 2023

OICHES!!!!....... O POEMA DOS NENOS E NENAS DE 5º DE E.I.

Na clase de 5º de EI aproveitamos  o día 21 de Marzo, que foi o Día Internacional da Poesía, para denunciar a situación que estamos a vivir a diario no noso colexio a través dun poema inventado por nós: hai xente que pasea aos cans pola contorna do centro e non recolle as cacas!!! Estamos cansos/as de pisar as cacas e ter que limpar os zapatos un día si e outro tamén, xa está ben!!! O que ten unha mascota ten que saber que ten unha responsabilidade e que debe ter un mínimo de concienciación cidadá. Agardamos que con este poema fagamos reflexionar a este tipo de xente irresponsable, e por fin  fagan o favor de recoller e tirar as cacas ao lixo. No seguinte vídeo podedes ver o poema e un vídeo de como o recitamos👀👂😋

luns, 20 de marzo de 2023

domingo, 19 de marzo de 2023

Proxecto "Os pitiños".

Nestas semanas estivemos avanzando no noso proxecto e coñecendo cousas sobre o noso amiguiño Pepe e a súa familia, como por exemplo quen é o seu papá e a súa mamá, qué comen, cantos ovos pode poñer unha galiña, as diferentes razas, donde viven....
Deixámosvos enlace á cancion de "La gallina Turuleca" que tanto nos gusta.