luns, 10 de abril de 2023

Facemos tortilla francesa.

Lembrádesvos das galiñas de raza poñedora que temos na aula? Pois un encargo lle fixemos, que nos puxeran ovos para facer unha tortilla, e nada mais e nada menos que media ducia de ovos puxeron dun día para outro. Chegamos á clase e alí estaban os ovos listos para unha......TORTILLA!!!! Mil gracias galiñiñas, merecedes todos os coidadeos que vos proporcionamos.

Frutómetro á máxima temperatura.

Lembrades o noso frutómetro? Pois xa algúns de nós acadamos á máxima temperatura e outros están a puntiño. Pouco a pouco tod@s faremos estalar o termómetro. Así que.... a seguir comendo moita froita para lucir a nosa pulsefroita!!!

Poema: "Mi carita redondita".

Lembrades que recitamos o poema "Mi carita redondita" de Gloria Fuertes para conmemorar o día da poesía? Así que para concluir a nosa actividade, e tendo en conta o día da árbore aproveitamos o tempo solleiro para colgar nas árbores que hai á entrada do colexio o noso poema.

domingo, 9 de abril de 2023

ESTUDAMOS AS FABAS

Dende a aula de 6.º de Educación Infantil tiñamos pendente amosarvos unha actividade realizada xa fai unhas semanas. Recordades que para conmemorar o Día de Rosalía preparamos caldo?

Pois ben, as nenas e nenos de infantil estudamos un dos seus ingredientes: as fabas. Velaquí todo o que fixemos para aprender cousiñas delas 😍

sábado, 8 de abril de 2023

COLGANDO O POEMA DE 5º DE EI

 A finais de Marzo os nenos e nenas de 5º de EI saímos para pendurar o noso poema nunha das árbores que presiden a entrada do noso cole, velaí tedes unha pequena mostra 🌳

A CHEGADA DUN NOVO AMIGIÑO Á CLASE DE 5º DE E.I.

 A finais do mes de Marzo na clase de 5º de E.I. tivemos o pracer de coñecer a un novo compañeiro, o seu nome é Axel e xa deixou a súa pegada no cadro da nosa aula. Estivemos vendo como se escribe o seu nome, fixémoslle uns debuxiños de benvida e sacamos unha foto tod@s xunt@s💗


sábado, 1 de abril de 2023

ANIVERSARIO HUGO

Na aula de 6.º de Educación Infantil rematamos o 2.º trimestre celebrando o primeiro aniversario deste 2023.
Hugo xa soprou a candea do 6!! Parabéns, amiguiño 🍰🎁🎈


Querémoste moito 💖