martes, 2 de maio de 2023

COMEZAMOS CO CULTIVO DA HORTA

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil retomamos a semana pasada o traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito, pois tiñamos abandonada esta tarefa dende o curso pasado e máis que unha horta parecía unha selva!! 🌱🌱🌱🌱 Canta herba!!

🌿Arrincamos herbas

🌱Movemos a terra

🌳Cultivamos patacas e cebolas

Proximamente máis!! Seguiremos cultivando máis produtos  😍

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e aproveitamos a ocasión para relacionalo co PDI da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos". Imos explicarvos que fixemos:

🍉Probamos diferentes alimentos para recoñecer o seu sabor.

🙈Tapamos os ollos e probamos un alimento.

🍌Intentamos adiviñar de que alimento se trataba.

🍊Levamos ao BeeBot á casilla coa imaxe correspondente.

BUSCAMOS TESOUROS NA NATUREZA

A chegada da primavera, que momentos tan fermosos nos ofrece a natureza!! 🌷🌸🌱🌹🌺🌼🌿 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, aproveitamos para saír ao xardín e buscar pequenos tesouros agochados que respondesen a un código de cores que tiñamos. Queredes ver como disfrutamos da actividade? 😍

luns, 1 de maio de 2023

ESTUDIANDO AS AVES!!!

 Na clase de 5º de EI levamos varios días facendo un pequeno estudio para saber cales son as aves que  normalmente nos visitan no patio, observamos detidamente e por agora as que máis vemos son: as lavandeiras, as pegas, as gaivotas, as pombas, os pardais, os corvos e os merlos. Seguiremos observando para saber se hai outras aves👀

mércores, 26 de abril de 2023

Poñendo a punto a horta

Aproveitando o tempo solleiro os nen@s de 3 anos decidimos preparar a nosa hortiña para poder comenzar a plantar. Ollade o que traballamos!!!

mércores, 19 de abril de 2023

Adel cumple 4 anos

Desta vez tocoulle a Adel soprar a candea do nº 4. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festiña, foi un día moi especial. Parabens Adel!!!

ANIVERSARIOS DE ABRIL!!!

Neste mes de abril tivemos festexo dobre na clase de 5º de EI... os nosos amiguiños Nael (día 5) e Erik (día 13) estiveron de aniversario!!! Sopraron a candea do número 5 e convidáronnos a todos e a todas a merendar uns biscoitos riquísimos. Cantamos, bailamos, xogamos con globos e fixemos unha festa rachada. Velaí tedes unha pequena mostra do que aconteceu 🍰🎈👀😜