xoves, 4 de maio de 2023

CORRECTO OU INCORRECTO?

Na aula de 6.º de Educación Infantil gústannos moito as matemáticas, polo que aproveitamos para facer unha actividade de maiores!! Desta volta, traballamos as sumas e restas cos conceptos de engadir (+) ou quitar (-).

👉Aprendemos que para sumar hai que engadir elementos e para restar quitalos.

👉Traballamos con paus de cores e pop its para facer as operacións de xeito manipulativo.

👉Unha vez comprobamos cal era o resultado da operación indicada, deduciamos se a tarxeta era correcta ✅ou incorrecta ❌ e colocabámola no panel correspondente.

mércores, 3 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Do 17 ao 21 de abril celebrouse a Semana do Libro e, na aula de 6.º de Educación Infantil, realizamos diferentes actividades. Queredes ver que ben o pasamos? 😁

martes, 2 de maio de 2023

COMEZAMOS CO CULTIVO DA HORTA

As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil retomamos a semana pasada o traballo na horta. Tivemos que esforzarnos moito, pois tiñamos abandonada esta tarefa dende o curso pasado e máis que unha horta parecía unha selva!! 🌱🌱🌱🌱 Canta herba!!

🌿Arrincamos herbas

🌱Movemos a terra

🌳Cultivamos patacas e cebolas

Proximamente máis!! Seguiremos cultivando máis produtos  😍

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O 7 de abril foi o Día Mundial da Saúde e aproveitamos a ocasión para relacionalo co PDI da biblioteca "Cóidome, cóidote, coidámonos". Imos explicarvos que fixemos:

🍉Probamos diferentes alimentos para recoñecer o seu sabor.

🙈Tapamos os ollos e probamos un alimento.

🍌Intentamos adiviñar de que alimento se trataba.

🍊Levamos ao BeeBot á casilla coa imaxe correspondente.

BUSCAMOS TESOUROS NA NATUREZA

A chegada da primavera, que momentos tan fermosos nos ofrece a natureza!! 🌷🌸🌱🌹🌺🌼🌿 As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil, aproveitamos para saír ao xardín e buscar pequenos tesouros agochados que respondesen a un código de cores que tiñamos. Queredes ver como disfrutamos da actividade? 😍

luns, 1 de maio de 2023

ESTUDIANDO AS AVES!!!

 Na clase de 5º de EI levamos varios días facendo un pequeno estudio para saber cales son as aves que  normalmente nos visitan no patio, observamos detidamente e por agora as que máis vemos son: as lavandeiras, as pegas, as gaivotas, as pombas, os pardais, os corvos e os merlos. Seguiremos observando para saber se hai outras aves👀

mércores, 26 de abril de 2023

Poñendo a punto a horta

Aproveitando o tempo solleiro os nen@s de 3 anos decidimos preparar a nosa hortiña para poder comenzar a plantar. Ollade o que traballamos!!!