xoves, 11 de maio de 2023

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (6.ºEI)

O día 2 de maio celébrase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil preguntámonos: que é acoso? Logo de facer unha chuvia de ideas, chegamos á conclusión de que esa palabra facía referencia a pegar, dicir cousas feas aos demais, apartar do grupo...

Aproveitamos este día para ler o conto Orellas de bolboreta. Conta a historia de Mara, unha nena que sobre burlas continuas das súas compañeiras e compañeiros.

Puxémonos na pel de Mara e identificamos como nos sentiriamos se nos fixesen iso a nós, así como tamén aprendemos que non facer nada nestas situacións tamén é facer dano.

martes, 9 de maio de 2023

O DÍA DO LIBRO EN 5º DE EI

O luns 24 de abril na clase de 5º de EI conmemoramos esta data tan especial mesturando libros, xogo e robótica. Para xogar debíamos seguir os seguintes pasos: 

📚 Ler unha frase dos nosos libros favoritos.

📚 Adiviñar de que libro se trataba.

📚 Levar a Bee Bot a casiña do taboleiro correspondente coa portada.

Velaí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu ese día 👀


Erik cumple 4 anos

Comenza o mes de maio e con el o primeiro aniversario deste mes tan florido. Parabéns Erik!!!.
¡Feliz cumple! de veronica

sábado, 6 de maio de 2023

Alimentando os sentidos en 5º de EI!!!

Para poñer a proba os nosos sentidos e alimentalos de forma saudable  xogamos na clase con Bee Bot. As profes dabannos alimentos saudables 🍌🍓 e nós  cos ollos vendados debíamos empregar o resto dos sentidos para poder adiviñar de que alimento se trataba, despois debíamos levar a Bee Bot á caixa do taboleiro correspondente. Aquí tedes unha pequena mosta do que fixemos 👀

venres, 5 de maio de 2023

Yeray cumple 4 anos

Rematamos o mes de abril e con el o aniversario de Yeray que soprou a candea do número 4. Agardamos que o pasaras moi ben na túa festa. Querémoste Yeray!!!
¡Feliz Cumpleaños, Erik! de veronica

xoves, 4 de maio de 2023

CORRECTO OU INCORRECTO?

Na aula de 6.º de Educación Infantil gústannos moito as matemáticas, polo que aproveitamos para facer unha actividade de maiores!! Desta volta, traballamos as sumas e restas cos conceptos de engadir (+) ou quitar (-).

👉Aprendemos que para sumar hai que engadir elementos e para restar quitalos.

👉Traballamos con paus de cores e pop its para facer as operacións de xeito manipulativo.

👉Unha vez comprobamos cal era o resultado da operación indicada, deduciamos se a tarxeta era correcta ✅ou incorrecta ❌ e colocabámola no panel correspondente.

mércores, 3 de maio de 2023

SEMANA DO LIBRO

Do 17 ao 21 de abril celebrouse a Semana do Libro e, na aula de 6.º de Educación Infantil, realizamos diferentes actividades. Queredes ver que ben o pasamos? 😁