O martes 16 de Maio festexamos na aula de 5º de EI que a nosa amiguiña Julieta xa ten 5 anos!!! Fixemos a coroa, Julieta deulle 5 voltas ao sol, puxemos a mesa e despois de cantarlle o parabéns para ti soplou moi forte a candea do número 5. Despois da encherola bailamos e trouleamos pola clase. Podedes ver unha pequena mostra do que pasou no seguinte vídeo🎈🍰👀💓
Etiquetas
- 17 maio. Día Letras Galegas
- 3 anos
- 4 anos
- 4anos
- 5 anos
- Animais
- Aniversarios
- Arte
- Atención
- Biblioteca
- Ciencia
- Conmemoracións
- Contos
- Croma
- Día de Rosalía
- Día do Libro
- Día do Medio Ambiente
- Entroido
- Estimulación sensorial
- Experimentos
- Fin de curso
- Horta
- Igualdade
- inglés
- Lectoescritura
- Lóxica-matemática
- Magosto
- Nadal
- Oralidade
- Outono
- Polo Norte
- Proxecto "Canto sentimento"
- Proxecto "O medo"
- Proxecto "O universo"
- Proxecto "Os animais da contorna"
- Proxecto "Os pitiños"
- Proxecto "Os tesouros do corpo"
- Proxecto "Unha viaxe polo antiguo Exipto"
- Proxecto Alimentación saudable
- Proxecto As abellas
- Proxecto Baixo a mesma carpa de crochet
- Proxecto O inverno
- Proxecto os tiburóns
- Proxecto Os volcáns
- Psicomotricidade
- Recursos
- Relaxación
- Robótica
- Saídas
- Samaín
- Vida cotiá
- Viisitas
- Xogos
venres, 19 de maio de 2023
mércores, 17 de maio de 2023
Adiviñar que alimento estamos a probar
sábado, 13 de maio de 2023
COMO ME SENTIRÍA SE...
Despois de escoitar o conto: "¿Que tal estás?" de Anthony Browne na clase de 5º de EI, estivemos dialogando sobre as distintas emocións que aparecen no libro e de situacións que nos fan sentir así. Para afondar máis na temática a profe imprimiu unha serie de imaxes nas que se reflectían situacións que implicarían distintas emocións. Por exemplo: se un amigo che grita, se che pegan, se che fan un regalo...😥😩😃
xoves, 11 de maio de 2023
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR (6.ºEI)
O día 2 de maio celébrase o Día Internacional Contra o Acoso Escolar. As nenas e nenos de 6.º de Educación Infantil preguntámonos: que é acoso? Logo de facer unha chuvia de ideas, chegamos á conclusión de que esa palabra facía referencia a pegar, dicir cousas feas aos demais, apartar do grupo...
Aproveitamos este día para ler o conto Orellas de bolboreta. Conta a historia de Mara, unha nena que sobre burlas continuas das súas compañeiras e compañeiros.
Puxémonos na pel de Mara e identificamos como nos sentiriamos se nos fixesen iso a nós, así como tamén aprendemos que non facer nada nestas situacións tamén é facer dano.
martes, 9 de maio de 2023
O DÍA DO LIBRO EN 5º DE EI
O luns 24 de abril na clase de 5º de EI conmemoramos esta data tan especial mesturando libros, xogo e robótica. Para xogar debíamos seguir os seguintes pasos:
📚 Ler unha frase dos nosos libros favoritos.
📚 Adiviñar de que libro se trataba.
📚 Levar a Bee Bot a casiña do taboleiro correspondente coa portada.
Velaí vos deixamos unha pequena mostra do que aconteceu ese día 👀
Erik cumple 4 anos
sábado, 6 de maio de 2023
Alimentando os sentidos en 5º de EI!!!
Para poñer a proba os nosos sentidos e alimentalos de forma saudable xogamos na clase con Bee Bot. As profes dabannos alimentos saudables 🍌🍓 e nós cos ollos vendados debíamos empregar o resto dos sentidos para poder adiviñar de que alimento se trataba, despois debíamos levar a Bee Bot á caixa do taboleiro correspondente. Aquí tedes unha pequena mosta do que fixemos 👀